Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Mércores, 15 de abril de 1998 Páx. 3.880

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a subministración de vestiario (C.P. 53/1998).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: compra de vestiario (Pers. e pacentes).

Orzamento: 21.060.050 ptas.

Garantía provisional: 421.201 ptas.

-Lote 1: bata branca (talles).

Orzamento: 1.928.000 ptas.

Garantía provisional: 38.560 ptas.

-Lote 2: bata verde (talles).

Orzamento: 870.000 ptas.

Garantía provisional: 17.400 ptas.

-Lote 3: bata branca hostalería: (talles).

Orzamento: 269.250 ptas.

Garantía provisional: 5.385 ptas.

-Lote 4: mandil pinche.

Orzamento: 339.900 ptas.

Garantía provisional: 6.798 ptas.

-Lote 5: zapato branco par (talles).

Orzamento: 3.031.500 ptas.

Garantía provisional: 60.630 ptas.

-Lote 6: zapato negro Mantto. par (talles).

Orzamento: 338.000 ptas.

Garantía provisional: 6.760 ptas.

-Lote 7: zoco antiesvarante par (talles).

Orzamento: 384.000 ptas.

Garantía provisional: 7.680 ptas.

-Lote 8: camisón aberto (talles).

Orzamento: 2.438.400 ptas.

Garantía provisional: 48.768 ptas.

-Lote 9: pixama Enf. pantalón (colores e talles).

Orzamento: 580.000 ptas.

Garantía provisional: 11.600 ptas.

-Lote 10: pixama enfermo (talles).

Orzamento: 6.555.000 ptas.

Garantía provisional: 131.100 ptas.

-Lote 11: pixama neno (talles).

Orzamento: 516.000 ptas.

Garantía provisional: 10.320 ptas.

-Lote 12: pixama verde (talles).

Orzamento: 3.810.000 ptas.

Garantía provisional: 76.200 ptas.

I. Forma de adxudicación: o contrato adxudicarase mediante concurso, en procedemento aberto, de acordo co previsto nos artigos 75, 86 e 91 da LCAP.

II. Prazo de entrega: a primeira entrega ós 40 días da adxudicación e o resto segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Hostalería e, se é o caso, a partir do día seguinte á sinatura do contrato.

III. Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

IV. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Criterios de adxudicación:

-Oferta económica 60%.

-Calidade dos artigos: 30%.

-Servicio técnico da subministración: 10%.

-Total: 100%.

VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no servicio de contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo o Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborais desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

IX. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 2 de abril de 1998.

Jesús Caramés Bouzán

Director-xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

2842