Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Mércores, 15 de abril de 1998 Páx. 3.879

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a subministración de roupas e panos (C.P. 54/1998).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: roupas e panos.

Orzamento: 23.251.000 ptas.

Garantía provisional: 465.020 ptas.

-Lote 1: funda branca almofada 100x45 CM.

Orzamento: 1.690.000 ptas.

Garantía provisional: 33.800 ptas.

-Lote 2: pano verde 110x90 CM.

Orzamento: 3.296.000 ptas.

Garantía provisional: 65.920 ptas.

-Lote 3: saba branca 270x160 CM.

Orzamento: 15.090.000 ptas.

Garantía provisional: 301.800 ptas.

-Lote 4: toalla lavabo 100x50 CM.

Orzamento: 3.175.000 ptas.

Garantía provisional: 63.500 ptas.

I. Forma de adxudicación: o contrato adxudicarase mediante concurso, en procedemento aberto, de acordo co previsto nos artigos 75, 86 e 91 da LCAP.

II. Prazo de entrega: a primeira entrega ós 40 días da adxudicación e o resto segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Hostalería e, se é o caso, a partir do día seguinte á sinatura do contrato.

III. Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

IV. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Criterios de adxudicación:

-Oferta económica: 60%.

-Calidade dos artigos: 30%.

-Servicio técnico da subministración: 10%.

-Total: 100%.

VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no servicio de contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborais desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da zerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

IX. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 2 de abril de 1998.

Jesús Caramés Bouzán

Director-xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

3261