Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Mércores, 15 de abril de 1998 Páx. 3.876

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, da instalación e prestación do servicio de máquinas automáticas expendedoras de líquidos e sólidos neste complexo hospitalario. (Expediente 15/98).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño), convoca o seguinte concurso:

Expediente 15/98:

1. Obxecto: instalación e prestación do servicio de máquinas automáticas expendedoras de líquidos e sólidos no Complexo Hospitalario Xeral-Cíes.

2. Prazo de execución: 4 anos a partir da data de formalización do contrato, podendo prorrogarse antes da súa finalización por períodos anuais, por mutuo acordo das partes.

3. Garantía provisional: 100.000 ptas.

4. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación ordinaria.

5. Clasificación: non se esixe.

6. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio, BOE nº 119, do 19 de maio).

7. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 19 da Lei 13/1995, do 18 de maio, dos contratos das administracións públicas. (BOE nº 119, do 19 de maio).

8. Criterios de adxudicación:

1. Canon ofertado: ata 2 puntos.

2. Tarifas: ata 2 puntos.

3. Características funcionais, técnicas, económicas, de calidade e prestacións das instalacións ofertadas para o servicio (nº de máquinas, equipos, complexidade da instalación, calidade de materiais, etc.): ata 3 puntos.

4. Colaboración no establecemento dun sistema integral de dispensación de auga a usuarios e personal: ata 2 puntos.

5. Propostas que impliquen a mellora da imaxe das estancias do centro: ata 2 puntos.

9. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódense solicitar no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22, 36204 Vigo, en días laborables desde

as 9 ata as 14 horas. Teléfono nº (986) 81 60 23 e fax nº (986) 81 60 65.

10. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do RXCE.

11. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no PCAP.

12. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Xeral ás 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

13. Anuncios: os anuncios dos presentes concursos públicos serán por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Vigo, 10 de marzo de 1998.

José Manuel González Álvarez

Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo

2910