Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Mércores, 15 de abril de 1998 Páx. 3.875

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 1998 pola que se anuncia, polo sistema de concurso aberto e trámite de urxencia, con expediente anticipado de gasto, a contratación da subministración do amoblamento de bibliotecas públicas municipais en Bemantes-Miño (A Coruña), San Francisco-Ourense, A Carballeira-Ourense, Valeixe-A Cañiza (Pontevedra), A Rapeira-Portas (Pontevedra), e Quintela-Moaña (Pontevedra).

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo

sistema de concurso, procedemento aberto e trámite de urxencia, con expediente anticipado de gasto, a contratación da seguinte subministración:

-Amoblamento de bibliotecas públicas municipais en Bemantes-Miño (A Coruña), San Francisco (Ourense), A Carballeira (Ourense), Valeixe-A Cañiza (Pontevedra), A Rapeira-Portas (Pontevedra), e Quintela-Moaña (Pontevedra).

-Orzamento de licitación: sete millóns novecentas catro mil oitocentas cincuenta pesetas (7.904.850 ptas.) IVE incluído.

-Prazo de execución: un (1) mes.

-Garantía provisional: 158.097 ptas.

-Exposición dos pregos: os pregos de prescricións técnicas e os pregos de cláusulas administrativas estarán de manifiesto para o seu exame no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo , e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono (981) 58 89 38.

-Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 h do décimo terceiro día natural, contados a partir do día seguinte da publicación da presente resolución no DOG.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

-O importe do anuncio do presente concurso será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, do 17)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo

2909