Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Mércores, 15 de abril de 1998 Páx. 3.873

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, da L.M.T., C.T., R.B.T. As Bouzas, Fontela, que afecta ó termo municipal de Baleira. (Expediente 002/1997).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para os efectos de notificación na r/ Sáenz Díez 45, Ourense, que solicita aprobación de proxecto, autorización administrativa e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 52 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, e os ordenados nos capítulos III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 40/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 40/1994, aplicable en virtude de instrucción do 14-11-1996, do conselleiro de Industria e Comercio, e en virtude do establecido nas disposicións transitorias primeira e segunda da Lei 54/1997, do 27 de novembro do sector eléctrico, entre os que cabe cita-lo de información pública e notificación ós titulares.

Entendido que a alegación formulada por José Ramón López Portela se refire á indemnización pola servidume, que a empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. manifesta vontade de acordo e que en todo caso sería a causa do expediente expropiatorio.

Entendido que Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. acepta o condicionado establecido pola Confederación Hidrográfica do Norte, Comisaría de Augas, en Resolución do 23-12-1997.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectad, obsérvase que nela non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, en concordancia co artigo 56 da Lei 40/1994 antes citada.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio de competencias atribuída polos decretos 2617/1966 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-autorizarlle a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

-Liña de media tensión aérea, 20 kV, orixe no apoio 6 da L.M.T. a C.T. Vilar de Adrios e final

no C.T. Fontela, cunha lonxitude de 1,502 km conductor LA-56/54,6 mm, en apoios H.V.H./1, H/10. Centro de transformación en postes B2, de 50 kVA, 20.000/398/220 V, 2,5%-5%. Rede de baixa tensión de 149 metros de lonxitude e conductor R.Z.-95-25.

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 53 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos efectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Prestarlle aprobación ó seu proxecto de execución, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, e visto o contido do informe técnico do 2 de outubro de 1997, entendido que os extremos que nel se recollen non teñen entidade suficiente para non proceder á súa aprobación.

Cuarto.-En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, acordo que o representase da Administración dea comezo ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no BOP de Lugo do 3-6-1997, e expostas no taboleiro oficial desta delegación provincial, nos días e horas que a cada interesado se lle notifique individualmente. Ata o momento do levantamento das actas, poderanse formula-las alegacións, por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación.

Lugo, 4 de marzo de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de lugo

2853