Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: R.B.T. Aldea de Arriba-Fontes (Friol).
Situación: Friol.
Descricións técnicas: rede de baixa tensión de 2.410 m de lonxitude en conductor R.Z.-0.6/1 kV Al sobre apoios de formigón.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 3 de marzo de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
2690