Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Mércores, 15 de abril de 1998 Páx. 3.845

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 111/1998, do 30 de marzo, polo que se nomea un membro do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1º da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 114, do 11 de xuño de 1996, e de acordo coa proposta efectuada pola organización correspondente,

DISPOÑO:

Artigo único.- Noméase como membro titular do Consello Económico e Social de Galicia a Manuel Caeiro Varela, de acordo coa proposta da Confederación de Empresarios de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta de marzo de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

3144