Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Martes, 14 de abril de 1998 Páx. 3.840

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

CONTRATACIÓN de servicio.

O Instituto Galego de Medicina Técnica está interesado na contratación de 75 ambulancias asistenciais para a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias 061 de Galicia, que se situarán nos seguintes lugares: Padrón, Ribeira, Boiro, Noia, Muros, Negreira, Santiago de Compostela, Arzúa, Melide, Teixeiro, Ordes, Cerceda, Oleiros, Betanzos, A Coruña (2 vehículos), Carballo, Ponteceso, Vimianzo, Cee, Ferrol (2 vehículos), Pontedeume, Cedeira, Ortigueira, As Pontes de García Rodríguez, Lalín, Caldas de Reis, A Estrada, Vilagarcía de Arousa, Cambados, Portonovo, Pontevedra, Cangas, Nigrán, Tui, O Porriño, Ponteareas, A Cañiza, Redondela, Vigo (2 vehículos), A Guarda, O Barco, A Gudiña, Castro Caldelas, Verín, Maceda, A Pobra de Trives, Allaríz, Bande, O Carballiño, Xinzo de Limia, Celanova, Ribadavia, Ourense, Chantada, Monforte de Lemos, Quiroga, Becerreá, Navia de Suarna, Sarria, Lugo, Palas de Rei, Castroverde, A Fonsagrada, A Pontenova, Meira, Begonte, Vilalba, Mondoñedo, Ribadeo,

Foz, Burela, Viveiro.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas centrais do instituto, Praza Europa 5A-6B Área Central As Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela, de 10 a 12 horas, ata o día 27 de abril de 1998, inclusive.

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados nas oficinas centrais do instituto, en Santiago de Compostela, no horario e prazo sinalado, ou no teléfono (981) 57 76 50, fax. (981) 57 78 43.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 1998.

Carlos Crespo Sabarís

Director xerente