Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Martes, 14 de abril de 1998 Páx. 3.840

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación por concurso aberto da subministración, instalación e posta en servicio de equipos de alumeamento eficiente nas oficinas da Casa Consistorial do Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicante: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Aforro Enerxético, Patrimonio e Contratación.

Nº expediente: 11121/240.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración, instalación e posta en servicio de equipos de iluminación eficiente para as oficinas da Casa do Concello de Vigo.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: 14 días naturais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 12.234.520 ptas.

5. Garantías: provisional: dispensada.

Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei s/n 36202, Vigo, teléfono (986) 81 01 48, fax: (986) 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Acreditar solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 de Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas: prazo límite: 13 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obligación de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: vexase punto 6 de anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 11.3 do prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 3 de abril de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

3208