Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Martes, 14 de abril de 1998 Páx. 3.839

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SOUTOMAIOR

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual número 2 das normas subsidiarias de planeamento municipal do Concello de Soutomaior, relativa á unidade de actuación número 2.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión extraordinaria celebrada o 18 de marzo de 1998, acordou prestar aprobación definitiva á modificación puntual número 2 das normas subsidiarias de planeamento municipal, relativa á unidade de actuación número 2, sendo a parte dispositiva do devandito acordo a seguinte:

1. Aprobar definitivamente a modificación puntual número 2 das normas subsidiarias de planeamento do concello, relativa á unidade de actuación número 2, estimando a alegación número 1 presentada por Mª Teresa Martínez Pazos e desestimado a restantes oito alegacións, de acordo co informado polo arquitecto redactor da modificación puntual.

2. Publicar este acordo no DOG e no BOP, así como publicar no BOP o documento que contén a normativa e as ordenanzas.

3. Trasladar ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda os documentos previstos no artigo 48.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

O que se somete a información pública en cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Faise saber que este acordo esgota a vía administrativa, podendo interpoñer contra este recurso contencioso-administrativo perante a sala desta xurisdicción do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde esta publicación no BOP ou no DOG (último no que aparecese), no dito caso deberá comunicarse previamente por escrito, ante esta alcaldía, de conformidade co establecido no artigo 110.3º da Lei 29/1992,

do 26 de novembro, así como calquera outro que se considere procedente.

Soutomaior, 30 de marzo de 1998.

Agustín Reguera Ocampo

Alcalde

2574