Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Martes, 14 de abril de 1998 Páx. 3.831

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de dous helicópteros SOS-Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Protección Civil.

c) Número do expediente: 98/13/728.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de servicios, mediante expediente anticipado de gasto.

b) Descrición do obxecto: servicio de dous helicópteros SOS-Galicia.

c) División por lotes e número: non.

d) Lugar de execución: Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de execución: un (1) ano (período comprendido entre o 1 de xuño de 1998 e o 31 de maio de 1999).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: 217.550.000 ptas., exento de IVE, conforme ás seguintes anualidades:

Ano 1998: 107.000.000 de ptas.

Ano 1999: 110.550.000 ptas.

5. Garantías.

a) Provisoria: 4.351.000 ptas.

b) Definitiva: 8.702.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfonos: (981) 54 46 42/54 45 17.

e) Telefax: (981) 54 46 96.

f) Data límite para obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas (punto 8.a).

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo III; subgrupo 9; categoría D; grupo III; subgrupo 1; categoría: A.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite da presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará ós trece (13) días naturais, ás 14 horas, agás que o último día fora sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

2ª Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador terá a obriga de mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sala de xuntas.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: o quinto día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación das ofertas, agás que fora sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 11.30 horas.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 1998.

Francisco J. Rubio Delgado

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

3143