Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Luns, 13 de abril de 1998 Páx. 3.808

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 1998, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores de pesca fluvial de Galicia 215/1996 da Coruña, 106/1996 de Lugo e 50/1996 de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992 do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Contra a presente resolución, e de conformidade cos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, poderase interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 1998.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural

ANEXO

Procedemento

sancionador

Lei 7/1992

Denunciado

Último domicilio coñecido

Resolución

Feitos imputadosTipificaciónSanción

215/1996

A Coruña

Antonio Canosa Pérez

A Pereiriña s/n

Cee (A Coruña)

Pescar utilizando artes de uso prohibido35.5500.001 pesetas

Inhab. un ano e un día para obte-la licencia de pesca.

106/1996

Lugo

Francisco Sáez Delgado

Riera Blanca, 184

08902 Hospitalet de Llobregat

Pescar con sete canas e once sedelas dormentes33.4 e 35.5500.001 pesetas (multa)

50.000 ptas. (Indemn.) e Inhab. un ano e un día para obte-la licencia de pesca.

050/1996

Pontevedra

José García CarreraPescar laprea á man, de noite, axudado dunha lanterna con luz artificial34.9, 34.11 e

35.19

600.000 pesetas

2610