Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Luns, 13 de abril de 1998 Páx. 3.804

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución dos expedientes sancionadores na orde social 36 e 37/1998.

Non sendo atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó abeiro do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador informándolles que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia poden interpoñer recurso ordinario perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndolles que de non ser interposto en tempo e forma, disporán dun mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia delegación provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987.

A Coruña, 11 de marzo de 1998.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Expediente nº: 36/1998.

Acta nº: 1465/1997.

Titular: Octec, S.L.

NIF/DNI: 15.078.983 B.

Enderezo: Xeneral Franco, 20-2º, A Pobra do Caramiñal.

Materia: S.H.

Data Res.: 27-2-1998.

Sanción: 30.000 ptas.

Expediente nº: 37/1998.

Acta nº: 1586/1997.

Titular: Octec, S.L.

NIF/DNI: 15.078.983 B.

Enderezo: Xeneral Franco, 20-2º, A Pobra do Caramiñal.

Materia: S.H.

Data Res.: 27-2-1998.

Sanción: 100.000 ptas.

2770