Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Luns, 13 de abril de 1998 Páx. 3.792

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, necesidade implícita de urxente ocupación e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/243-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, necesidade implícita de urxente ocupación e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio: García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: LM.T., C.T. e R.B.T. Vilares-Vilaza.

Situación: Gondomar.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea núa, a 20 kV, de 792 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón e metálicos, desde o apoio 21 existente da L.M.T. ó C.T. Areíña, ata o C.T. que se proxecta en Vilares-Vilaza, Concello de Gondomar. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 30 m de lonxi

tude, con conductor tipo R.Z., sobre apoio de formigón.

Javier Salgueiro Álvarez, Urbano Alonso Roade, Emilio Torres Hermida, José Bas González, Ramón González-Sierra Padín, María Luisa de Liz Lorenzo, presentan alegacións os catro primeiros solicitando a modificación do trazado da liña, suxerindo que se haga coincidir coa vía pública ou autoestrada; o González-Sierra Padín manifesta a súa total oposición ó paso polos seus predios; e Liz Lorenzo solicitando que se cambie o apoio ó extremo do seu predio ou compartíndoo co lindante.

Trasladadas as alegacións a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., esta contesta dicindo que non é posible o desvío seguindo o trazado da autoestrada por non coincidir con esta e que ó realiza-lo proxecto da liña se pensou en causa-la menor afección posible e o menor impacto. En canto á sexta alegación accede ó cambio de situación do apoio, pero dentro do predio Liz Lorenzo.

Considerando que calquera modificación como as solicitadas afecta ou cambia a afección doutros predios, sen que se presentasen as autorizacións pertinentes dos seus propietarios (artigo 28 do Decreto 2619/1996) e igualmente, a imposibilidade de leva-la liña por vía pública ou na súa proximidade, de acordo co artigo 34.3º do Decreto 3151/1968 que aproba o Regulamento de liñas aéreas de alta tensión.

Vista a Lei 40/1994, os decretos 2617 e 2619/1966 e 3151/1968 e cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas e os artigos 52 e 53 da Lei 40/1994 esta delegación provincial,

Resolve autorizar, declarar de utilidade pública necesidade implícita de urxente ocupación e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Esta resolución é susceptible de recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes.

Pontevedra, 2 de marzo de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

2692