Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Luns, 13 de abril de 1998 Páx. 3.785

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 1998 pola que se convocan unhas xornadas sobre seguridade privada.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1998, conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dunhas xornadas sobre seguridade privada, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

As xornadas teñen por obxectivo dota-los membros dos Corpos e Forzas de Seguridade duns coñecementos necesarios para lograr un mellor dominio da normativa e actual situación deste colectivo.

Destinatarios.

As xornadas van dirixidas ós membros dos Corpos e Forzas de Seguridade.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertan é de 80.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestas xornadas deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 4 de maio de 1998.

3. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: avenida da Cultura, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

As xornadas celebraranse durante os días 14 e 15 de maio de 1998.

O horario será en xornada de mañá (9.30-14 h) e tarde (16.30-20 h) o día 14, e en sesión de mañá o día 15.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 7 de maio de 1998 no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (986) 59 00 21.

Lugar.

Salón de actos da Academia Galega de Seguridade, sita na avenida da Cultura, s/n, no Concello da Estrada.

Certificado de participación.

Ó remate das xornadas entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a elas.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento das xornadas para adaptalas ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 23 de marzo de 1998.

Juan José Fariñas-Ferro RodríguezFrancisco J. Rubio Delgado

Director xeral da AcadémicaSecretario xeral da Consellería de

Galega de Seguridadede Xustiza, Interior e Relacións

Laborais

2982