Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Luns, 13 de abril de 1998 Páx. 3.784

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 12 de marzo de 1998 pola que se autoriza definitivamente a apertura e funcionamento dos centros privados Nuestra Señora de los Remedios de Santiago de Compostela e Las Acacias, María Auxiliadora e Montecastelo de Vigo.

Examinado o expediente instruído por instancia dos titulares dos centros, solicitando autorización definitiva para a apertura e funcionamento dos centros privados Nuestra Señora de los Remedios de Santiago de Compostela; Las Acacias, María Auxiliadora e Montecastelo de Vigo.

Tendo en conta que os expedientes foron tramitados pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que se remiten cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren nos expedientes os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la apertura e funcionamento dos centros de educación secundaria, e, como consecuencia disto, establece-la configuración definitiva dos centros existentes no mesmo edificio ou recinto escolar, segundo se especifica no anexo.

Segundo.-A presente autorización producirá efectos progresivamente, a medida que se implanten as ensinanzas autorizadas conforme o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo.

Terceiro.-Antes do inicio das ensinanzas de educación secundaria obrigatoria que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia nos ditos centros.

Cuarto.-Os centros de educación secundaria que pola presente orde se autorizan deberán cumpri-la Norma Básica da Edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada por Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Quinto.-Quedan os centros obrigados ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Santiago de Compostela.

Enderezo: As Orfas, 5.

Código do centro: 15015779.

Denominación específica: Nuestra Señora de los Remedios.

Titular: Hijas de la Caridad de San Vicente Paúl.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 6 unidades.

b) Centro de educación primaria: 12 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 8 unidades de educación secundaria obrigatoria.

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: O Castelo-Bembrive.

Código do centro: 36011831.

Denominación específica: Las Acacias.

Titular: Fomento de Centros de Enseñanza Sociedad Anónima.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 6 unidades.

b) Centro de educación primaria: 12 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 8 unidades de educación secundaria obrigatoria.

d) Centro de bacharelato: 4 unidades coas modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: Venezuela, 9.

Código do centro: 36011142.

Denominación específica: María Auxiliadora.

Titular: Congregación Padres Salesianos.

Composición resultante:

a) Centro de educación primaria: 12 unidades.

b) Centro de educación secundaria: 8 unidades de educación secundaria obrigatoria.

c) Centro de bacharelato: 4 unidades coas modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: rúa Doutor Paz Pardo, 84, A Gandariña.

Código do centro: 36011191.

Denominación específica: Montecastelo.

Titular: Fomento de Centros de Enseñanza Sociedad Anónima.

Composición resultante:

a) Centro de educación primaria: 12 unidades.

b) Centro de educación secundaria: 8 unidades de educación secundaria obrigatoria.

c) Centro de bacharelato: 6 unidades coas modalidades de ciencias da natureza e da saúde; humanidades e ciencias sociais e tecnoloxía.

2981