Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 09 de abril de 1998 Páx. 3.758

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 24 de marzo de 1998 pola que se modifica a Orde do 30 xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servicios administrativos de compulsa de documentos e de verificación de suficiencia de poderes e documentos acreditativos de lexitimación, e a Orde do 29 de xuño de 1994, pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.

A modificación levada a cabo na estructura orgánica da Xunta de Galicia mediante os decretos 347/1997, do 9 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Xunta de Galicia; Decreto 350/1997, do 10 de decembro, polo que se deter

minan os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia; Decreto 351/1997, do 10 de decembro, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia; Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente; e os sucesivos decretos de establecemento das estructuras orgánicas das distintas consellerías, incide no procedemento de recadación as taxas e dos prezos e determina a necesidade de axeitar á nova situación o anexo V da Orde do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servicios administrativos de compulsa de documentos e de verificación de suficiencia de poderes e documentos acreditativos de lexitimación.

Ademais, a experiencia diaria na xestión das tasas, así como ao aumento de netidades financeiras colaboradoras autorizadas nas que os suxeitos pasivos das taxas da Xunta de Galicia poden efectua-los ingresos correspondentes urxen a modificación de determinados preceptos establecidos na orde obxecto desta reforma.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Modifícanse os seguintes artigos da Orde do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servicios administrativos de compulsa de documentos e de verificación de suficiencia de poderes e documentos acreditativos de lexitimación: quedan redactados como segue:

1. O artigo 1: con independencia do procedemento de liquidación aplicable a cada taxa, os ingresos que por estes tributos corresponden á Comunidade Autónoma de Galicia serán efectuados polos suxeitos pasivos a través das entidades financeiras colaboradoras autorizadas, relacionadas no anexo VII, sen prexuízo do disposto nesta orde para o pagamento mediante efectos timbrados da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. O artigo 2: agás o disposto no prarágrafo seguinte, as autoliquidacións por taxas ingresaranse no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó do seu devengo.

Nos supostos previstos nos artigos 21, puntos 3 e 4, e 23, paratado 09, subapartados 03 e 04 do Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, a autoliquidación presentarase e ingresarase nos vinte primeiros días naturais dos meses de xaneiro, abril, xullo e outubro, referida cada unha delas ós feitos impoñibles realizados no trimestre inmediato anterior.

3. O terceiro parágrafo do artigo 3: o impreso de autoliquidación será facilitado polos servicios administrativos, organismos autónomos ou entes xestores da correspondente taxa, os cales informarán o solicitante sobre os números que debe consignar nos espacios reservados ós códigos da consellería, delegación e servicio e clave da taxa, consonte as relacións que figuran como anexo V e VI da presente orde. As entidades financeiras autorizadas para a recadación das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia, que subscribiran o convenio de colaboración na xestión da renovación de licencias de caza e pesca, poderán solicitar autorización para o emprego dun xustificante do pagamento da taxa, que substituirá o modelo de autoliquidación.

4. As referencias á Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro nos artigos 6 e 7 deberán substituírse por referencias á Dirección Xeral de Tributos.

Artigo 2º

Modifícase o anexo II da Orde do 30 xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servicios administrativos de compulsa de documentos e de verificación de suficiencia de poderes e documentos acreditativos de lexitimación; queda substituído polo seguinte:

Artigo 3º

Modifícase o anexo V da Orde do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servicios administrativos de compulsa de documentos e de verificación de suficiencia de poderes e documentos acreditativos de lexitimación; quedan substituídos polo seguinte:

ANEXO V

CÓDIGOS DE CONSELLERÍAS E SERVICIOS

04 Presidencia e Administración Pública

1 Secretaría

02 Escola Galega de Administración PúblicaOA

03 Secretaría Xeral do Presidente

04 Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia

05 Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas

06 Secretaría Xeral para o Deporte

11 Diario Oficial de Galicia

12 Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior

13 Secretaría Xeral de Planificación e Desenvolvemento Comarcal

14 Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento

15 Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos

05 Economía e Facenda

01 Secretaría

02 Instituto Galego de Estatística

03 Instituto Galego de Promoción Económica

06 Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

01 Secretaría

02 Transportes

03 Instituto Galego da Vivenda e Solo

04 Estradas

06 Urbanismo

07 Dominio Público Hidráulico

08 Infraestructuras Hidráulicas

09 Contratación

10 Grupo de PortosOA

14 Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos de GaliciaOA

15 Augas de GaliciaOA

07 Educación e Ordenación Universitaria

01 Secretaría

03 Ensinanzas Medias

08 Industria e Comercio

01 Secretaría

02 Minas

03 Industria

04 Xestión

05 Instituto Galego de Consumo

09 Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

01 Secretaría

02 Supervisión de Proxectos

03 Contratación

04 Estructuras e Desenvolvemento Rural

05 Extensión Agraria

06 Centro de Investigacións Agrarias

07 Axudas Estruturais

08 Industria e Comercialización Agroalimentaria

09 Sanidade e Producción Animal

13 Fomento Cooperativo

14 Instituto Lácteo e Gandeiro

10 Cultura, Comunicación Social e Turismo

01 Secretaría

02 Instituto Galego de Artes Escénicas e MusicaisOA

03 Arquivos e Museos

04 Medios de Comunicación Social e Audiovisual

05 Turismo

11 Sanidade e Servicios Sociais

0 Secretaría

02 Planificación e Ordenación

03 Sergas-SecretaríaOA

06 Sergas-FarmaciaOA

07 Servicios Sociais

08 Saúde Pública

12 Pesca, Marisqueo e Acuicultura

01 Secretaría

02 Acuicultura (S.C.)

03 Marisqueo e Ordenación de Caladoiros (S.C.)

04 Pesca e Industrias Pesqueiras

05 Formación e Investigación

06 Marisqueo e Acuicultura (delegacións)

13 Xustiza, Interior e Relacións Laborais

01 Secretaría

02 Xogo

03 Relacións Laborais

10 Academia Galega de SeguridadeOA

11 Protección Civil

12 Asociacións e Espectáculos Públicos

14 Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

01 Secretaría

02 Garderías

03 Xuventude

04 Tempo libre

05 Sevicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da MullerOA

15 Medio Ambiente

01 Secretaría

02 Montes e Industrias Forestais

03 Defensa Contra Incendios

04 Medio Ambiente Natural

05 Costas

06 Protección Ambiental

07 Fomento e Control de Calidade Ambiental

08 Control e Xestión de Residuos

09 Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia

10 Centro de Investigacións Forestais

CÓDIGOS DE DELEGACIÓNS

10 A Coruña

11 Ferrol

12 Ribeira

13 Servicios Centrais

14 Ordes

20 Lugo

21 Celeiro

22 Vilalba

30 Ourense

31 O Barco de Valdeorras

40 Pontevedra

41 Vigo

42 Vilagarcía de Arousa

43 Lalín

Artigo 4º

Engádese o seguinte anexo, que figurará como anexo VII da Orde do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servicios administrativos de compulsa de coumentos e de verificación de suficiencia de poderes e documentos acreditativos de lexitimación:

ANEXO

RELACIÓN DE ENTIDADES NAS QUE SE PODE REALIZA-LO INGRESO

Caixa de Aforros de Galicia

Caixa de Aforros Municipal de Vigo

Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra

Caixa Ourense

Banco Gallego

Banco Español de Crédito

Banco de Galicia

Banco Pastor

Banco Bilbao-Vizcaya

Banco Atlántico

Banco Exterior de España

Banco Central-Hispano

Banco Simeón

Caja Postal

Caja España

Banco Etcheverría

Caixa Rural de Lugo

Banco Santander

Banco de Asturias

Disposición adicional

Primeira.-Engádese un parágrafo 2º á disposición adicional da Orde de 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece

a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servicios administrativos de compulsa de documentos e de verificación de suficiencia de poderes e documentos acreditativos de lexitimación; a súa redacción é a seguinte:

«2. Así mesmo, autorízase a Dirección Xeral de Tributos a actualiza-los anexos V, VI e VII».

Segunda.-Engádese unha disposición adicional á Orde do 29 de xuño de 1994 pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia; a súa redacción é a seguinte:

«Terceira.-Autorízase a Dirección Xeral de Tributos a actualizar mediante resolución, por necesidades propias do servicio, os anexos I e II da presente orde».

Terceira.-Modifícase o segundo parágrafo do artigo 7 da Orde do 26 de decembro de 1997 pola que se regula a xestión e o pagamento da taxa fiscal sobre o xogo realizado a través de máquinas recreativas con premio tipo B, ou de azar tipo C; queda redactado como segue:

«O prazo no que o suxeito pasivo debe retirar do servicio correspondente o distintivo acreditativo á que se refire o parágrafo anterior será o comprendido entre o vixésimo e o derradeiro día do mes de febreiro nos casos de presentación dentro de prazo da taxa correspondente a máquinas cando o devengo desta se produciu o 1 de xaneiro, e o comprendido entre o trixésimo e o cuadraxésimo quinto día hábil contado a partir da data de presentación da autoliquidación nos casos de nova autorización ou reinicio da explotación ou presentacións fóra de prazo».

Disposición transitoria

No suposto de que a variación da tarifa 08 do artigo 23 do Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, sexa aplicable a partir de data distinta ó primeiro día de cada trimestre natural deberán presentarse dúas declaracións complementarias, declaración á que se refire o terceiro parágrafo do artigo 4 da Orde do 30 de xuño de 1992; unha, polo período que medie entre o primeiro día do trmiestre natural e a data de vixencia da nova tarifa; e outra, desde esta data ata o final do devandito trimestre.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 1998.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Económia e Facenda