Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 09 de abril de 1998 Páx. 3.671

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PRESIDENCIA

LEI 1/1998, do 7 de abril, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1998.

Dous grandes eixes configuran os contornos básicos dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 1998: a fase decisiva da construcción da unión monetaria e o Plan de crecemento e emprego.

A estabilidade e as boas perspectivas económicas do momento presente anticipan xa en parte os efectos beneficiosos dos criterios de converxencia e da senda de Maastricht cara á unión monetaria, que culminará coas transcendentais decisións do próximo maio para a creación formal do euro o 1 de xaneiro de 1999.

Os orzamentos para 1998 axústanse ós requisitos de estabilidade, cunha firme contención do déficit e un esixente control sobre o gasto corrente, sen prexuízo de garanti-los niveis de cobertura alcanzados no gasto social, ó tempo que manteñen o seu acento na política investidora que esixe o apoio ó proceso de transformación e modernización estructural da nosa economía.

Na execución dos orzamentos para 1998 teranse en conta como criterios inspiradores o da austeridade, o rigor, a simplificación administrativa, a transparencia e a participación do Parlamento no control.

O Plan de crecemento e emprego afronta os desequilibrios centrais do mundo sociolaboral de Galicia sen prescindir da acción estratéxica sobre a base productiva para xerar no medio prazo emprego sostible e de calidade.

En liña tamén coas orientacións europeas de adianta-la efectividade das disposicións do Tratado de Amsterdam nesta materia e coa acción no ámbito do Estado, os orzamentos para 1998 danlles cabida ás accións estratéxicas sobre os complexos e agrupamentos de actividades prioritarias da economía de Galicia, xunto coa potenciación de políticas activas de emprego e as medidas de protección social. Os estados de gastos combinan e potencian as accións de racionalidade económica e de carácter social en materia de ocupación da poboación activa, ó tempo que deixan tamén unha importante marxe de flexibilidade para recolle-los resultados do diálogo e consenso social sobre os obxectivos e as prioridades fundamentais que van presidi-las actuacións en favor do emprego.

Polo que respecta ó texto articulado a Lei de orzamentos para 1998 introduce diversas novidades que reforzan os criterios de disciplina orzamentaria e control do déficit seguidos en anos anteriores, mediante o establecemento de novas limitacións á realización de transferencias, que chegan incluso a suprimi-la posibilidade de incrementa-los créditos inicialmente orzados en aplicacións concretas do capítulo II, mentres que se fai extensiva de forma expresa ós organismos autónomos a posibilidade de que o Consello da Xunta adopte acordos de non

dispoñibilidade de crédito no suposto de que no transcurso do exercicio resultase necesario adecua-los gastos á evolución experimentada polos recursos. No referente á xestión orzamentaria faise igualmente extensivo ós gastos do capítulo II o requisito da autorización previa polo Consello da Xunta nos supostos de que a contía do expediente exceda dos cincocentos millóns de pesetas, que no anterior exercicio se limitaba unicamente ós gastos de investimentos.

En relación co canon de saneamento creado pola Lei reguladora da Administración hidráulica de Galicia establécese o tipo de gravame aplicable a partir de xullo de 1998 ó consumo de auga para usos domésticos, e asemade elévase ata os dous mil habitantes o teito das entidades de poboación nas que o consumo ou a utilización de auga para eses mesmos usos queda exento de grávame.

Finalmente merece ser destacada a creación dun programa específico no que figuran os créditos destinados ó desenvolvemento das accións do Plan de crecemento e emprego pendentes de distribución. O destino final destes créditos será aprobado pola correspondente Comisión parlamentaria, despois dos acordos que sobre a súa reasignación se adopten entre a Xunta de Galicia e os axentes económicos e sociais.

Por todo o exposto o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.2º do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei l/l983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, promulgo en nome de El-Rei a Lei de orzameritos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1998.

TÍTULO I

Da aprobación dos orzamentos e das súas modificacións

Capítulo I

Os créditos iniciais e o seu financiamento

Artigo 1º.-Aprobación e ámbito dos orzamentos xerais.

O Parlamento de Galicia aproba os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio de 1998, que están integrados por:

a) Os orzamentos da Administración xeral da Comunidade Autónoma e os dos seus organismos autónomos.

b) Os orzamentos de explotación e capital das sociedades públicas de carácter mercantil.

c) Os orzamentos dos demais entes públicos ós que se refire o artigo 12 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Artigo 2º.-Orzamentos da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos.

Un.-Nos estados de gastos consolidados dos orzamentos da Administración xeral da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos consígnanse

Capitulo II

Das modificacións orzamentarias

Artigo 4º.-Competencias específicas en materia de modificacións orzamentarias.

Sen prexuízo do establecido na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e con validez exclusiva para 1998 atribúenselle ó conselleiro de Economía e Facenda competencias específicas para levar a cabo as seguintes modificacións orzamentarias:

a) Para incorporar ó orzamento de 1998 os créditos de exercicios anteriores que correspondan a actuacións financiadas ou cofinanciadas pola Unión Europea.

b) Para xerar crédito polo importe que corresponda á maior recadación das taxas e prezos públicos e privados respecto das previsións que inicialmente se establecen para as distintas consellerías en anexo a esta lei, sempre que quede garantido o necesario equilibrio económico-financeiro de acordo co previsto no artigo 8º.

c) Para xerar crédito no programa 531B, «Imprevistos e funcións non clasificadas», por un importe igual á diferencia que poida existir entre a liquidación definitiva da porcentaxe de participación nos ingresos do Estado para 1997 e a estimada no estado de ingresos de 1998 para o dito concepto.

d) Para xerar crédito, cando sexa necesario, na aplicación orzamentaria correspondente, por contía igual ó importe das compensacións económicas a favor da Comunidade Autónoma derivadas de pólizas subscritas con compañías de seguros.

e) Para incorporar ó crédito 11.03.212A.481.1 (Risga), do orzamento de 1998, o crédito 11.02.212A.481.1 de 1997, destinado á renda de integración social de Galicia na parte que non acadase a fase «O» en contabilidade.

f) Para ampliar ata unha suma igual ás obrigas que se recoñezan, logo do cumprimento das formalidades legalmente establecidas, os créditos incluídos nos orzamentos da Administración xeral da Comunidade Autónoma, nos dos organismos autónomos ou nos doutros entes públicos que se enumeran a seguir:

1. Os destinados ó pagamento das obrigas derivadas de crebas de operacións de crédito avaladas pola Comunidade Autónoma, dándolle conta ó Parlamento no prazo dun mes. Cando se trate dun organismo autónomo ou dunha sociedade pública, a ampliación materializarase a través da sección orzamentaria á que figuren adscritos.

2. Os destinados a satisface-las cantidades que deben percibi-los liquidadores dos distritos hipotecarios en concepto de indemnizacións e compensacións dos gastos orixinados pola recadación e xestión de autoliquidacións practicadas polo imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados e pola recadación e práctica das liquidacións do imposto sobre sucesións e doazóns.

3. Os créditos destinados ó pagamento dos premios de cobranza e participacións en función da recadación de vendas e restantes créditos de vivendas, soares, locais e edificacións complementarias correspondentes ó Instituto Galego da Vivenda e Solo, así como os referentes ós traballos de facturación e apoio á xestión do patrimonio inmobiliario do devandito instituto, que se establezan de acordo coas cifras recadadas no período voluntario.

4. Os destinados ó pagamento dos premios de cobranza de tributos e demais ingresos de dereito público da Comunidade Autónoma.

5. As obrigas de carácter periódico contraídas no exterior e que deban ser pagadas en divisas, pola diferencia existente entre o prezo das divisas previsto e o custo real destas no momento do pagamento.

6. Os créditos que sexan necesarios nos programas de gasto dos organismos autónomos e dos entes públicos para reflecti-las repercusións que neles teñan as modificacións dos créditos que figuran no estado de transferencias entre subsectores dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

7. Os créditos de transferencias a favor da Comunidade Autónoma que figuren nos orzamentos de gastos dos organismos autónomos ata o importe dos remanentes da Tesourería que resulten como consecuencia da súa xestión.

g) En relación co orzamento do Servicio Galego de Saúde, para xerar ou minorar créditos no orzamento do Servicio Galego de Saúde por un importe igual á diferencia que poida resultar entre as previsións iniciais de transferencias procedentes do Insalud e as que efectivamente se liquiden.

h) Para introducir nos estados de gastos as modificacións precisas para adecua-los créditos afectados por transferencias finalistas de calquera procedencia.

No suposto de que as obrigas recoñecidas ata ese momento superasen o importe real da transferencia, o seu financiamento realizarase mediante as oportunas minoracións noutros créditos, preferentemente de operacións correntes, da sección de que se trate.

Artigo 5º.-Vinculación de créditos.

Sen prexuízo do disposto no artigo 56 da Lei 11/1992, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, considérense vinculantes, co grao de desagregación que a continuación se indica, os seguintes créditos:

130.02, «Plus: de perigosidade, penosidade e toxicidade»;

202, «Arrendamento de edificios e outras construccións»;

220.03, Diario Oficial de Galicia;

223.08, «Transporte escolar»;

226.01, «Atencións protocolarias e representativas»

226.02, «Publicidade e propaganda»;

226.06, «Reunións e conferencias»;

226.09, «Outros»;

226.13, «Gastos de funcionamento de tribunais de oposicións e de probas selectivas».

As transferencias ás que se refire o artigo 67 da Lei 11/1992, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, cando afecten os créditos anteriores, deberán ser autorizadas polo conselleiro de Economía e Facenda.

Artigo 6º.-Créditos ampliables.

Durante o ano 1998 non terán a condición de ampliables os créditos destinados ó pagamento de productos farmacéuticos procedentes de receitas médicas ós que se refire o artigo 64.1.f) da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Artigo 7º.-Limitacións ás transferencias de crédito.

1. Con independencia das limitacións ás que se refire o artigo 68.1 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e sen prexuízo do previsto no punto 3 do citado artigo, durante o ano 1998, non poderán tramitarse expedientes de transferencias de crédito que atinxan os capítulos VI e VII cando deles derive incremento do gasto corrente. Esta restricción non será aplicable ós incrementos do capítulo I que poidan orixinarse polo proceso de regularización, actualmente en marcha, derivada do acordo sobre materias de función pública subscrito entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais o 14 de xullo de 1994, ó que se lle deu publicidade por resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 27 de setembro do mesmo ano.

2. Polo que se refire ás seccións 07, «Educación e Ordenación Universitaria», 11, «Sanidade e Servicios Sociais», e 14, «Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude», e respecto dos créditos destinados ás prestacións sociais, a limitación indicada no punto anterior unicamente será aplicable unha vez superado o 10% das dotacións iniciais dos capítulos VI e VII. A mencionada porcentaxe será do 15% para o Servicio Galego de Saúde.

No caso de que as transferencias realizadas baixo este suposto incrementasen créditos do capítulo I destinados ó asinamento de contratos de duración determinada previstos no Real decreto 2546/1994, do 29 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos traballadores, cando a modalidade de contratación fose a de realización de obra ou servicio prevista na letra a) do artigo 1 da citada disposición, será necesaria a existencia de informe previo e favorable da Dirección Xeral da Función Pública sobre a adecuación da modalidade de contratación que se pretende.

3. Con vixencia exclusiva para o exercicio de 1998 non poderán realizarse transferencias de crédito que incrementen os autorizados inicialmente nas seguintes aplicacións orzamentarias:

226.02, «Publicidade e propaganda»;

227.06, «Estudios e traballos técnicos».

Artigo 8º.-Adecuación de créditos.

Co fin de garanti-lo equilibrio económico-financeiro na execución do orzamento para 1998, os créditos incluídos nos estados de gastos experimentarán os axustes necesarios para acomoda-lo seu importe

ó dos recursos, na medida en que estes últimos difiran dos inicialmente previstos nos orzamentos de ingresos da Administración xeral da Comunidade Autónoma ou dos seus organismos autónomos.

O Consello da Xunta adoptará, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, os acordos de non dispoñibilidade de crédito que sexan precisos para dar cumprimento ó previsto no parágrafo anterior.

As modificacións que puidesen efectuarse en virtude do disposto neste artigo seranlle comunicadas á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos dentro do prazo de trinta días desde a súa autorización.

TÍTULO II

Dos gastos de persoal

Capítulo I

Retribucións do persoal

Artigo 9º.-Bases da actividade económica en materia de gastos de persoal.

Un.-As retribucións íntegras do persoal ó servicio da Comunidade Autónoma non poderán experimentar en 1998 un incremento global superior ó 2,1% con respecto ás establecidas no exercicio de 1997, en termos de homoxeneidade para os dous períodos de comparación, tanto polo que respecta a efectivos de persoal coma á súa antigüidade.

Dous.-Os acordos, convenios ou pactos que impliquen crecementos retributivos deberán axustarse ó establecido neste artigo, resultando inaplicables en caso contrario.

Tres.-O disposto nos apartados precedentes entenderase sen prexuízo das adecuacións retributivas que con carácter singular e excepcional resulten imprescindibles polo contido dos postos de traballo, pola variación do número de efectivos asignados a cada programa ou polo grao de consecución dos seus obxectivos.

Catro.-Este artigo aplicaráselle ó persoal ó servicio de:

a) Os órganos estatutarios de Galicia, sen prexuízo do disposto no artigo 12.2 do Estatuto de autonomía de Galicia para o Parlamento.

b) A Administración da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos.

c) As universidades de Galicia.

d) As fundacións públicas constituídas pola Comunidade Autónoma para a xestión de centros da súa rede hospitalaria.

e) As restantes sociedades públicas autonómicas ás que se refire o artigo 12 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Artigo 10º.-Criterios retributivos aplicables ó persoal ó servicio da Comunidade Autónoma non sometido a lexislación laboral.

a) As retribucións básicas e as complementarias de carácter fixo e periódico experimentarán un incre

mento do 2,1% con respecto ás establecidas no exercicio de 1997, sen prexuízo, se é o caso, da adecuación destas últimas cando sexa necesaria para asegurar que a retribución total de cada posto de traballo garde a relación procedente co contido de especial dificultade técnica, dedicación, responsabilidade, perigosidade e penosidade del.

b) O conxunto das restantes retribucións complementarias, se é o caso, experimentará así mesmo un incremento do 2,1% con respecto ó do exercicio de 1997, sen prexuízo das modificacións que deriven da variación do número de efectivos asignados a cada programa, do grao de consecución dos obxectivos fixados para aquel e do resultado individual da súa aplicación.

c) Os complementos persoais e transitorios e as demais retribucións que teñan análogo carácter rexeranse pola súa normativa específica e polo disposto nesta lei.

d) As indemnizacións por razón do servicio rexeranse pola súa normativa específica.

As prestacións familiares establecidas pola normativa específica do réxime especial da Seguridade Social dos funcionarios civís do Estado, das Forzas Armadas e da Administración de Xustiza, extensiva, preceptivamente, a determinados funcionarios da Comunidade Autónoma, liquidaránselles ós beneficiarios conforme o que determinen as leis anuais de orzamentos xerais do Estado ou calquera outra disposición que as regule.

Artigo 11º.-Criterios retributivos en materia de persoal laboral.

A masa salarial do persoal laboral dos entes e organismos que se indican no número catro do artigo 9 non poderá experimentar un crecemento global superior ó 2,1% con respecto da correspondente a 1997, sen prexuízo de que puidese derivar da consecución dos obxectivos asignados a cada ente ou organismo mediante o incremento da productividade ou a modificación dos sistemas de organización do traballo ou clasificación profesional.

O previsto no parágrafo anterior representa o límite máximo da masa salarial, cunha distribución e aplicación individual que se producirá a través da negociación colectiva.

Entenderase por masa salarial, para os efectos desta lei, o conxunto das retribucións salariais e extrasalariais e os gastos de acción social devengados durante 1997 polo persoal laboral afectado, co límite das contías sobre as que emitiu informe favorable a Consellería de Economía e Facenda para o devandito exercicio orzamentario, exceptuándose en todo caso:

a) As prestacións e indemnizacións da Seguridade Social.

b) As cotizacións ó sistema da Seguridade Social a cargo do empregador.

c) As indemnizacións correspondentes a traslados, suspensións ou despedimentos.

d) As indemnizacións ou os suplidos por gastos que tivese que realiza-lo traballador.

As variacións da masa salarial bruta calcularanse en termos de homoxeneidade respecto dos dous periodos obxecto de comparación, tanto no que respecta a efectivos reais do persoal laboral e antigüidade desta coma o réxime privativo de traballo, xornada legal ou contractual, horas extraordinarias efectuadas e outras condicións laborais, computándose, en consecuencia, por separado as cantidades que correspondan á variación de tales conceptos. Con cargo á masa salarial así obtida para 1998 deberase satisface-la totalidade das retribucións do persoal laboral derivadas do pertinente acordo e tódalas que se produzan ó longo do exercicio, agás as que lle corresponde devengar ó devandito persoal no citado ano polo concepto de antigüidade.

As indemnizacións ou os suplidos deste persoal non poderán experimentar crecementos superiores ós que se establezan con carácter xeral para o persoal non laboral da Administración da Comunidade Autónoma.

Artigo 12º.-Retribucións dos altos cargos.

Un.-As retribucións totais e exclusivas, incluídas as pagas extraordinarias, dos altos cargos fíxanse para o ano 1998 nas seguintes contías, sen prexuízo da percepción de catorce mensualidades da retribución por antigüidade que puidese corresponderlles de conformidade coa normativa vixente:

Presidente11.589.528 pesetas.

Conselleiros9.543.672 pesetas.

Secretarios xerais, directores

xerais e asimilados7.597.992 pesetas.

Dous.-As retribucións dos membros do Consello de Contas de Galicia serán as establecidas no punto un deste artigo para os conselleiros, agás as correspondentes ó conselleiro maior, que se fixan para 1998 en 10.156.272 pesetas.

Tres.-As retribucións totais dos altos cargos do Consello Consultivo de Galicia, incluídas as pagas extraordinarias, quedan establecidas para o ano 1998 nas seguintes contías:

Presidente10.156.272 pesetas.

Conselleiros9.543.672 pesetas.

Catro.-As retribucións dos presidentes e vicepresidentes e, se é o caso, as dos directores xerais das sociedades públicas a que se refire o artigo 12 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia serán autorizadas polo conselleiro de Economía e Facenda, por proposta do titular da consellería á que se atopen adscritos, aínda que en ningún caso poderán experimentar incrementos superiores ó 2,1% con respecto ás percibidas en 1997.

Artigo 13º.-Complemento persoal.

Os funcionarios de carreira designados para ocupar postos incluídos nos anexos de persoal dos orzamentos da Administración xeral e dos seus organismos autónomos que dean lugar á consideración

de alto cargo e que no momento do seu nomeamento mantivesen unha relación de servicio permanente, non contractual, con algunha administración pública non poderán percibir retribucións inferiores ás que tiñan asignadas no posto de procedencia.

Cando se produza esa circunstancia o persoal indicado terá dereito a percibir un complemento persoal equivalente á diferencia entre a totalidade dos conceptos retributivos, básicos e complementarios, do posto de orixe, con exclusión das gratificacións por servicios extraordinarios, en cómputo anual, e as retribucións do mesmo carácter que lle corresponda polo posto que ocupe na Administración autonómica galega.

O complemento indicado, que se percibirá ata o momento do cesamento no cargo, actualizarase na mesma porcentaxe que corresponda ó incremento retributivo atribuído se é o caso con carácter xeral na Lei de orzamentos de cada exercicio.

O recoñecemento do dereito á percepción deste complemento será realizado en cada caso pola Dirección Xeral da Función Pública.

Artigo 14º.-Retribucións dos delegados provinciais e territoriais das consellerías.

As retribucións dos delegados provinciais e territoriais das consellerías para 1998 serán idénticas na súa contía ás dos subdirectores xerais.

Terán dereito a percibi-los trienios que puidesen ter recoñecidos como funcionarios e persoal ó servicio das administracións públicas.

Artigo 15º.-Retribucións dos funcionarios da Comunidade Autónoma incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

Un.-De conformidade co establecido no artigo 10 desta lei, as retribucións que percibirán no ano 1998 os funcionarios incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988 que desempeñan postos de traballo para os que o Goberno da Comunidade aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na devandita lei serán as seguintes:

a) O soldo e os trienios que correspondan ó grupo no que se atope clasificado o corpo ou a escala á que pertenza o funcionario, de acordo coas seguintes contías referidas a doce mensualidades:

Grupo Soldo Trienios

A 1.862.76071.532

B 1.580.97657.228

C 1.178.50842.948

D 963.63628.680

E 879.72021.504

b) As pagas extraordinarias, que serán dúas ó ano, por un importe cada unha delas dunha mensualidade de soldo e trienios e que se devengarán de acordo co previsto no artigo 15 da Lei 13/1988, do 30 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 1989. Cando os funcionarios prestasen unha xornada de traballo reducida durante os

seis meses inmediatos anteriores ós meses de xuño ou decembro, o importe da paga extraordinaria experimentará a correspondente reducción proporcional.

c) O complemento de destino correspondente ó nivel do posto de traballo que se desempeñe, de acordo coas seguintes contías referidas a doce mensualidades:

NivelPesetas

301.635.684

291.467.192

281.405.476

271.343.760

261.178.880

251.045.932

24 984.216

23 922.536

22 860.796

21 799.200

20 742.392

19 704.448

18 666.540

17 628.608

16 590.736

15 552.804

14 514.908

13 476.976

12 439.044

11 401.172

10 363.252

No ámbito da docencia universitaria, a contía do complemento de destino fixada na escala anterior poderá ser modificada nos casos en que así proceda, de acordo coa normativa vixente, sen que isto implique variación do nivel de complemento de destino asignado ó posto de traballo.

d) O complemento específico que, se é o caso, estea fixado ó posto que se desempeñe, do que a súa contía experimentará un incremento do 2,1% con respecto á aprobada para o exercicio de 1997, sen prexuízo do previsto no artigo 10º desta lei.

e) O complemento de productividade que, se é o caso, se destine a retribuí-lo especial rendemento, a actividade extraordinaria e o interese ou iniciativa con que o funcionario desempeñe o seu traballo, nos termos establecidos no artigo 64.3.c) da Lei 4/1988, do 26 de maio.

O complemento de productividade concederase de acordo con criterios obxectivos que aprobe o Consello da Xunta de Galicia, por proposta das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda. Os complementos de productividade deben facerse públicos nos centros de traballo.

As contías asignadas por complemento de productividade durante un período de tempo non orixinarán ningún tipo de dereito individual respecto das valoracións ou apreciacións correspondentes a períodos sucesivos.

f) As gratificacións por servicios extraordinarios que concederá o Consello da Xunta por proposta

da consellería correspondente e dentro dos créditos asignados para tal fin.

Estas gratificacións terán carácter excepcional e soamente poderán ser recoñecidas polos servicios extraordinarios prestados fóra da xornada normal de traballo, sen que, en ningún caso, poidan ser fixas na súa contía nin periódicas no seu devengo.

g) Os complementos persoais e transitorios recoñecidos en cumprimento do disposto no artigo 10 da Lei 13/1988, do 30 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 1989.

Estes complementos persoais e transitorios serán absorbidos por calquera mellora retributiva que se produza no ano 1998, incluídas as derivadas do cambio de posto de traballo. En ningún caso se considerarán os trienios, o complemento de productividade nin as gratificacións por servicios extraordinarios.

Incluso no caso de que o cambio de posto de traballo determine unha diminución das retribucións manterase o complemento persoal transitorio fixado ó producirse a aplicación do novo sistema, á absorción do cal se lle imputará calquera mellora retributiva ulterior, incluso as que poidan derivar do cambio de posto de traballo.

Dous.-Os funcionarios interinos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988 percibirán o 100% das retribucións básicas, excluídos trienios, correspondentes ó grupo no que estea incluído o corpo no que ocupen vacante e o 100% das retribucións complementarias que correspondan ó posto de traballo que desempeñen, excluídos os que están vinculados á condición de funcionario de carreira.

Tres.-O complemento de productividade poderá atribuírselles, se é o caso, ós funcionarios interinos ós que se refire o punto anterior, así como ós funcionarios eventuais e ós funcionarios en prácticas cando estas se realicen desempeñando un posto de traballo e estea autorizada a aplicación do devandito complemento ós funcionarios de carreira que desempeñen análogos postos de traballo, agás que o dito complemento estea vinculado á condición de funcionario de carreira.

Artigo 16º.-Retribucións do persoal ó servicio das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde.

Un.-O persoal incluído no ámbito de aplicación do Real decreto-lei 3/1987, do 11 de setembro, sobre retribucións do persoal estatutario do Instituto Nacional da Saúde, percibirá as retribucións básicas e o complemento de destino nas contías sinaladas para os devanditos conceptos retributivos no artigo 15.Un.a), b) e c) desta lei, sen prexuízo do establecido na disposición transitoria segunda, dous, do devandito real decreto-lei e de que a contía anual do complemento de destino se satisfaga en catorce mensualidades.

O importe das retribucións correspondentes ós complementos específicos, complemento de atención continuada e complemento de penosidade, responsabilidade e dificultade que, se é o caso, corres

pondan ó referido persoal experimentará o incremento do 2,1% respecto do importe aprobado para o exercicio de 1997.

A contía individual do complemento de productividade determinarase conforme os criterios sinalados no artigo 2.Tres.c), na disposición transitoria terceira do Real decreto-lei 3/1987 e nas demais normas dictadas para o seu desenvolvemento.

Dous.-As retribucións do restante persoal estatutario, funcionario e laboral das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde experimentarán o incremento previsto no artigo 9º.Un desta lei.

Capítulo II

Outras disposicións en materia de réxime do persoal activo

Artigo 17º.-Prohibición de ingresos atípicos.

Durante o ano 1998, os empregados públicos comprendidos dentro do ámbito de aplicación desta lei, con excepción daqueles sometidos ó réxime de arancel, non poderán percibir participación ningunha nos tributos, nas comisións ou noutros ingresos de calquera natureza que lle correspondan á administración ou a calquera poder público como contraprestación de calquera servicio ou xurisdicción, nin participación ou premio en multas impostas, aínda que estivesen normativamente atribuídas a eles, debendo percibir unicamente as remuneracións do correspondente réxime retributivo, e sen prexuízo do que resulte da aplicación do sistema de incompatibilidades e do disposto na normativa específica sobre desfrute de vivenda por razón do traballo ou cargo desempeñado.

Artigo 18º.-Outras normas comúns.

Un.-Cando as retribucións percibidas no ano 1997 non se correspondesen coas establecidas con carácter xeral no título II da Lei 11/1996 e non sexan aplicables ás establecidas no mesmo título desta lei, experimentarán en 1998 un incremento do 2,1% sobre as percibidas no ano anterior.

Dous.-Na Administración da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos, nos casos de adscrición durante 1998 dun funcionario suxeito a un réxime retributivo distinto do correspondente ó posto de traballo a que se adscribe, o devandito funcionario percibirá as retribucións que correspondan ó posto de traballo que desempeñe, logo da oportuna asimilación que autorice a Consellería da Presidencia e Administración Pública por proposta das consellerías interesadas.

Só para os efectos da asimilación á que se refire o parágrafo anterior, a Consellería da Presidencia e Administración Pública poderá autorizar que a contía da retribución por antigüidade sexa a que proceda de acordo co réxime retributivo de orixe do funcionario.

A Consellería da Presidencia e Administración Pública comunicaralle estas autorizacións á Consellería de Economía e Facenda para o seu coñecemento.

Tres.-As referencias relativas a retribucións contidas nesta lei enténdense sempre feitas a retribucións íntegras.

Catro.-As referencias contidas na normativa vixente relativas a haberes líquidos, para os efectos do cálculo de anticipos reintegrables ós funcionarios, entenderanse feitas ás retribucións básicas e complementarias que perciban estas nos seus importes líquidos.

Artigo 19º.-Requisitos para a determinación ou modificación de retribucións do persoal laboral e non funcionario.

Un.-Durante o ano 1998 será preciso informe favorable conxunto das consellerías de Economía e Facenda e da Presidencia e Administración Pública para proceder a determinar ou modifica-las condicións retributivas do persoal non funcionario e laboral ó servicio de:

a) Os órganos estatutarios de Galicia, sen prexuízo do disposto no artigo 12.2 do Estatuto de autonomía de Galicia para o Parlamento.

b) A Administración da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos.

c) As universidades de Galicia.

d) As fundacións públicas constituídas pola Comunidade Autónoma para a xestión de centros da súa rede hospitalaria.

e) As restantes sociedades públicas autonómicas ás que se refire o artigo 12 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Dous.-Con carácter previo ás negociacións de convenios ou acordos colectivos que se subscriban en 1998, deberá solicitarse da Consellería de Economía e Facenda a correspondente autorización de masa salarial, que cuantifique o límite máximo das obrigas que se poidan contraer como consecuencia dos devanditos pactos, achegando para o efecto a certificación das retribucións salariais satisfeitas e devengadas durante 1997.

Cando se trate de persoal non suxeito a convenio colectivo, do cal as retribucións veñan determinadas en todo ou en parte mediante contrato individual, deberán comunicárselle á Consellería de Economía e Facenda as retribucións satisfeitas e devengadas durante 1997.

Para a determinación das retribucións de postos de traballo de nova creación bastará coa emisión do informe a que se refire o punto un deste artigo.

Tres.-Para os efectos dos puntos anteriores, entenderase por determinación ou modificación de condicións retributivas do persoal non funcionario as seguintes actuacións:

a) Asinamento de convenios colectivos subscritos polos organismos sinalados no punto un anterior, así como as súas revisións e as adhesións ou extensións a eles.

b) Aplicación de convenios colectivos de ámbito sectorial, así como as súas revisións e as adhesións ou extensións a eles.

c) Fixación de retribucións mediante contrato individual, xa se trate de persoal fixo ou contratado por tempo determinado, cando non veñan reguladas en todo ou en parte mediante convenio colectivo.

d) Outorgamento de calquera clase de melloras salariais de tipo unilateral con carácter individual ou colectivo, aínda que deriven da aplicación extensiva do réxime retributivo dos funcionarios públicos.

Catro.-Co fin de emiti-lo informe sinalado no punto un deste artigo, as consellerías, os organismos e os entes remitiranlles ás consellerías de Economía e Facenda e da Presidencia e Administración Pública o correspondente proxecto, con carácter previo ó seu acordo ou asinamento no caso dos convenios colectivos ou contratos individuais, achegando a valoración de tódolos seus aspectos económicos.

Cinco.-O sinalado informe será realizado no prazo máximo de quince días, que se contarán desde a data de recepción do proxecto e da súa valoración, e versará sobre todos aqueles extremos dos que deriven consecuencias directas ou indirectas en materia de gasto público, tanto para o ano 1998 coma para exercicios futuros, e, especialmente, no que se refire á determinación da masa salarial correspondente e ó control do seu crecemento, sen prexuízo do disposto no artigo 11º desta lei.

Seis.-Serán nulos de pleno dereito os acordos adoptados nesta materia con omisión do trámite de informe ou en contra dun informe desfavorable, así como os pactos que impliquen crecementos salariais para exercicios sucesivos contrarios ó que determinen as futuras leis de orzamentos.

Sete.-Non poderán autorizarse gastos derivados da aplicación das retribucións para 1998 sen o cumprimento dos requisitos establecidos neste artigo.

Artigo 20º.-Relacións de postos de traballo.

As relacións de postos de traballo vixentes ó 1 de xaneiro de 1998 serán obxecto das modificacións necesarias para axustalas ás previsións orzamentarias que se deducen do anexo de persoal desta lei.

Artigo 21º.-Persoal de alta dirección dos organismos autónomos e das sociedades públicas da Comunidade Autónoma.

Nos contratos laborais do persoal de alta dirección das entidades ás que se refire este artigo non se poderán fixar indemnizacións, en razón da extinción da relación xurídica coa entidade correspondente, de contía superior á fixada na lexislación reguladora desta relación laboral de carácter especial.

Excepcionalmente, o Consello da Xunta poderá autoriza-la inclusión de cláusulas indemnizatorias que garantan ata un 15% das retribucións que se percibirían desde a extinción anticipada da relación laboral ata o termo inicialmente previsto como duración do contrato.

En calquera caso, cando a extinción da relación laboral tivese lugar dentro dos últimos doce meses de vixencia do vínculo contractual, a única indemnización aplicable será a prevista no parágrafo primeiro deste artigo.

Artigo 22º.-Contratación de persoal laboral con cargo ós créditos de investimentos.

Un.-Con cargo ós respectivos créditos para investimentos, as consellerías e os organismos autónomos unicamente poderán formalizar contratacións de persoal, de carácter temporal, nos seguintes casos:

-Contratación de persoal para a dirección de obras de investimentos, así como para a redacción de proxectos e liquidación de obras, sempre que non poidan ser executadas por persoal fixo.

-Contratación de persoal en réxime laboral, sempre que concorran os seguintes requisitos:

a) Que a contratación teña por obxecto a execución de obras por administración directa e con aplicación da lexislación de contratos do Estado ou a realización de servicios que teñan a natureza de investimentos.

b) Que tales obras ou servicios correspondan a investimentos previstos e aprobados nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

c) Que pola natureza das obras ou dos servicios non poidan ser executados por persoal fixo.

Dous.-Os contratos terán que formalizarse seguindo as prescricións dos artigos 15 e 17 do Estatuto dos traballadores e conforme o disposto na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ó servicio da administración pública. Nos contratos farase consta-la obra ou o servicio para a realización do cal se formaliza o contrato e o tempo de duración, así como o resto das formalidades que impón a lexislación sobre contratos laborais, eventuais ou temporais. Os incumprimentos destas obrigas formais, así como a asignación de persoal contratado para funcións distintas das que se determinen nos contratos, dos que puidesen derivar dereitos de fixeza para o persoal contratado, poderán dar lugar á esixencia de responsabilidades, segundo o artigo 122 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Tres.-A contratación poderá exceder do exercicio orzamentario cando se trate de obras ou servicios que pasen do devandito exercicio e correspondan a proxectos de investimento de carácter plurianual que cumpran os requisitos que para estas se prevén no artigo 58 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia ou nesta propia Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 1998.

Catro.-O servicio xurídico da consellería, organismo ou entidade emitirá informe sobre os contratos, con carácter previo á súa formalización, e, en especial, pronunciarase sobre a modalidade de contratación utilizada e a observancia nas cláusulas do contrato dos requisitos e das formalidades esixidos pola lexislación laboral.

Cinco.-A realización dos contratos regulados neste artigo será obxecto de fiscalización previa nos casos en que esta resulte preceptiva de conformidade co disposto nos artigos 94 a 117 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Artigo 23º.-Oferta de emprego público para 1998.

Un.-O Consello da Xunta poderá autorizar, por proposta da Consellería da Presidencia e Administración Pública ou, se é o caso, das consellerías competentes na materia e co informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, a convocatoria de prazas vacantes que se considere que poidan afecta-lo funcionamento dos servicios públicos esenciais, e que se concentrarán nos sectores, funcións e categorías profesionais que se consideren absolutamente prioritarios, sempre que o número de prazas de novo ingreso sexa inferior ó 25% da taxa de reposición de efectivos. Para estes efectos consideraranse efectivos aqueles que veñan desempeñando a súa actividade en servicios que teñen carácter permanente na Comunidade Autónoma. Con este fin, realizaranse as adecuacións nos orzamentos que resulten precisas e sempre de acordo co previsto no artigo 8º desta lei.

Dous.-A restricción sobre o número de prazas indicada no punto anterior non lles será aplicable ás relativas ó persoal adscrito a centros de ensino, sanitarios e de servicios sociais, que se axustarán en todo caso ós efectivos dotados orzamentariamente.

Tres.-Malia o disposto no parágrafo primeiro deste artigo, poderanse convoca-los postos ou as prazas que, estando orzamentariamente dotados e incluídos nas correspondentes relacións de postos de traballo, catálogos ou cadros de persoal, se encontren desempeñados interina ou temporalmente.

Catro.-Durante 1998 non se procederá á contratación de novo persoal temporal nin ó nomeamento de funcionarios interinos, salvo en casos excepcionais e para cubrir necesidades urxentes e inaprazables, con autorización conxunta das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda. Non será necesaria esta autorización para as contratacións de persoal docente, de persoal que presta servicios en institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde e de persoal laboral de centros e residencias de servicios sociais, que adecuándose estrictamente ás necesidades do servicio terán como límite máximo as previsións orzamentarias que se establecen para o efecto.

Así mesmo, e sempre dentro das limitacións orzamentarias previstas, non requirirán autorización previa as contratacións para substitucións do persoal que resulten imprescindibles para o bo funcionamento dos servicios.

Cinco.-En todo caso, en materia de oferta de emprego público teranse en conta os criterios establecidos na normativa básica estatal.

Artigo 24º.-Autorización dos custos de persoal das universidades de Galicia.

Un.-De conformidade co disposto no artigo 54.4 da Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, autorízanse para o ano 1998 os custos de persoal funcionario, docente e non docente, das universidades de competencia da Administración autonómica, polos importes que se indican a continuación:

Dous.-As universidades de competencia da Administración da Comunidade Autónoma ampliarán os seus créditos do capítulo I en función da distribución que do crédito 07.05.322C.440.0 realice a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, caso no que non será aplicable o contido no artigo 55.1 da citada Lei orgánica de reforma universitaria.

TITULO III

Das operacións de endebedamento e garantía

Capítulo I

Operacións de crédito

Artigo 25º.-Operacións de endebedamento por prazo superior a un ano.

Un.-De acordo co previsto no artigo 32 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, a variación da posición neta debedora da Comunidade Autónoma ó final do exercicio de 1998 non poderá exceder de 21.000.000.000 de pesetas.

Dous.-Autorízase o Instituto Galego da Vivenda e Solo a concertar con entidades financeiras préstamos hipotecarios subrogables con destino ó financiamento de actuacións en materia de vivenda e solo, non podendo establecerse ningún tipo de cláusula da que derive responsabilidade por parte do Instituto Galego da Vivenda e Solo unha vez realizada a subrogación.

O importe dos créditos hipotecarios vivos en 1998 non poderá superar en ningún caso os 4.000.000.000 de pesetas.

Para a súa instrumentación será preciso informe favorable da Consellería de Economía e Facenda.

Tres.-Trimestralmente informarase á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos das operacións realizadas dentro do programa de endebedamento da Xunta para o exercicio.

Artigo 26º.-Débeda da Tesourería.

O Consello da Xunta, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, poderá concertar ou emitir

operacións de débeda de tesourería, durante o exercicio de 1998, conforme o disposto no artigo 31 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, ata un importe que non supere o 15% da consignación que figura nos orzamentos como ingresos correntes incondicionados.

Artigo 27º.-Endebedamento dos organismos autónomos e das sociedades públicas.

Un.-Durante o exercicio de 1998 os organismos autónomos e as sociedades públicas da Comunidade Autónoma poderán concertar operacións para atender necesidades transitorias de tesourería, con prazo de reembolso non superior a un ano, cun límite máximo do 10% da súa previsión inicial de ingresos correntes ou de explotación. A superación deste límite deberá ser autorizada polo conselleiro de Economía e Facenda.

Dous.-En ningún caso poderán concertarse sen autorización previa do conselleiro de Economía e Facenda operacións que impliquen a superación da variación de pasivos establecida nos orzamentos iniciais dos organismos autónomos e das sociedades públicas da Comunidade Autónoma.

Destas autorizacións daráselle conta trimestralmente á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento.

Tres.-En todo caso as disposicións das operacións financeiras previstas neste artigo deberán serlle comunicadas á Consellería de Economía e Facenda no prazo máximo dun mes.

Capítulo II

Afianzamento por aval

Artigo 28º.-Avais.

Con carácter xeral e de conformidade co disposto no artigo 41 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, o importe máximo dos avais que poderán ser concedidos pola Xunta de Galicia durante o ano 1998 será de 2.000.000.000 de pesetas.

Con independencia desa cantidade, o Igape poderá conceder avais en contía que non supere en ningún momento un saldo efectivo vixente de 25.000.000.000 de pesetas.

Non obstante, por acordo da Comisión Delegada da Xunta de Galicia para Asuntos Económicos, poderá autorizarse a ampliación da cantidade fixada para o Igape ata un importe igual ó non utilizado pola Xunta, sen que en ningún caso o saldo efectivo vixente do conxunto dos avais que por este artigo se autorizan poida supera-la cifra de 27.000.000.000 de pesetas.

Artigo 29º.-Información ó Parlamento.

O Goberno remitiralle trimestralmente ó Parlamento a información necesaria para coñece-la lista de avais amortizados, a lista de pagamentos efectuados por falidos, a lista de importes recuperados e o risco acumulado. Esta información darase para tódolos

avais que se concedan desde a Administración da Xunta de Galicia ou dos seus organismos autónomos e entes públicos.

TÍTULO IV

Normas tributarias

Capítulo único

Tributos propios

Artigo 30º.-Taxas.

Un.-Elévanse os tipos das taxas de contía fixa establecidas no Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo III do título II da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e demais normas que o modifican, ata a cantidade que resulte da aplicación do coeficiente do 1,06 ás contías esixibles á entrada en vigor desta lei, exceptuando as tarifas que experimenten algunha modificación na contía no número dous deste artigo; este coeficiente seralles aplicable ás contías que con carácter mínimo ou máximo se establecen en todo tipo de tarifas, tanto de taxas de contía fixa coma variable.

O resultado da aplicación do anterior coeficiente obterase tendo en conta a seguinte norma de redondeo: redondéanse ó 5 as comprendidas entre o 1 e o 5, e ó 0 as comprendidas entre o 6 e o 9, co aumento neste último suposto dunha cantidade na cifra das decenas. Cando o resultado sexa inferior a 20 pesetas non se redondeará, tampouco se producirá ese redondeo cando se trate de tarifas fixadas en función dalgún tipo de unidade e exista un máximo fixado nela e se obteña un resultado inferior a 100 pesetas.

Considéranse taxas de contía fixa cando non están determinadas por unha porcentaxe sobre unha base ou esta non se valora en unidades monetarias.

Exceptúanse do incremento establecido anteriormente aquelas taxas que se recadan mediante efectos timbrados.

Dous.-Introdúcense as seguintes modificacións no Decreto lexislativo 1/1992, na súa redacción vixente:

1) Modifícase a redacción do apartado 08 do artigo 18, que queda redactado como segue:

«08. Empresas operadoras, fabricantes, importadoras, distribuidoras, de servicios técnicos e sociedades mercantís, explotadoras de salóns».

2) Modifícase a redacción do apartado 09 e a do seu subapartado 01 do artigo 18, que quedan redactados como seguen:

«09. Salóns recreativos ou de xogo

01. Autorización de instalación12.965 ptas.».

3) Modifícase o subapartado 02 do apartado 19 do artigo 18, que queda redactado como segue:

«02. Patrón de tráfico interior e radiotelefonista usual restrinxido3.275 ptas.».

4) Engádenselle ó apartado 19 do artigo 18 os seguintes subapartados:

«05. Patrón local de pesca5.000 ptas.

06. Patrón costeiro polivalente6.000 ptas.».

5) O apartado 20 do artigo 18 queda redactado como segue:

«20. Expedición de títulos académicos e profesionais correspondentes ás ensinanzas establecidas pola LOXSE:

6) Modifícase a redacción do apartado 21 e a do seu subapartado 01 do artigo 18, que quedan redactados da seguinte forma:

«21. Inscrición para a realización de probas de aptitude para obte-los seguintes títulos ou certificados:

01. Para o goberno de embarcacións de lecer:

-Para o título de patrón para navegación básica4.000 ptas.

-Para o título de patrón de embarcacións de lecer5.150 ptas.

-Para o título de patrón de iate7.210 ptas.

-Para o título de capitán de iate8.755 ptas.».

7) Engádeselle o seguinte texto ó subapartado 04 do apartado 21 do artigo 18:

«Cando as anteriores renovacións teñan un período de validez de dous anos1.060 ptas.».

8) Modifícase o apartado 25 do artigo 18, que queda redactado como segue:

«25. Inscrición no Rexistro de Augas:

-Primeira inscrición:

a) Inscrición do titular e do aproveitamento2.120 ptas.

b) Inscrición de arrendamento e/ou gravame2.120 ptas.

-Modificación da primeira inscrición1.060 ptas.

-Cambio de titular1.590 ptas.

-Outras modificacións1.000 ptas.».

9) Engádeselle o apartado 26 ó artigo 18, coa seguinte redacción:

«26. Emisión de tarxetas correspondentes ós certificados profesionais de pesca:

01. Por expedición das tarxetas acreditativas das titulacións5.000 ptas.

02. Por renovación ou emisión de duplicado das tarxetas acreditativas das titulacións3.000 ptas.».

10) Engádeselle o apartado 27 ó artigo 18, coa seguinte redacción:

«27. Fotocopias compulsadas de expedientes en poder da administración:

a) Documentos

-Por cada folio12 ptas.

-Mínimo400 ptas.

b) Planos

-Formato DIN A430 ptas.

-Formato DIN A345 ptas.

-Formato superior a DIN A360 ptas.

-Mínimo400 ptas.».

11) Engádeselle o apartado 28 ó artigo 18, coa seguinte redacción:

«28. Dilixenciamento do libro-rexistro de prácticas das escolas de navegación de lecer10.000 ptas.».

12) Modifícase o apartado 2 do artigo 19, co obxecto da súa adaptación ó Acordo do Consello de Política Fiscal e Financeira do 15 de setembro de 1997, que queda redactado como segue:

«2.-No suposto das tarifas 08 e 36 do artigo 23, constitúe o feito impoñible a prestación das actividades realizadas pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para preserva-la saúde pública e a sanidade animal, mediante a práctica de inspeccións e controis sanitarios de animais e as súas carnes frescas destinadas ó consumo, así como doutros productos de orixe animal, efectuados polos facultativos dos servicios correspondentes, tanto nos locais ou establecementos de sacrificio, despezamento e almacenamento frigorífico, sitos no territorio da Comunidade, coma os demais controis e análises realizadas nos centros habilitados para o efecto.

Para efectos da exacción do tributo, as actividades de inspección e control sanitario que se inclúen dentro do feito impoñible da tarifa 08 do artigo 23 catalóganse da seguinte forma:

a) Inspeccións e controis sanitarios ante mortem para a obtención de carnes frescas de gando bovino, porcino, ovino, caprino e outros ruminantes, coellos e caza menor de pluma e pelo, solípedes-équidos e aves de curral.

b) Inspeccións e controis sanitarios post mortem dos animais sacrificados para a obtención das mesmas carnes frescas.

c) Control documental das operacións realizadas no establecemento.

d) O control e selado das canais, vísceras e sobras destinadas ó consumo humano así como a marcaxe das pezas obtidas nas salas de despezamento.

e) Control das operacións de almacenamento de carnes frescas para o consumo humano, desde o momento en que así se estableza, excepto as relativas a pequenas cantidades realizadas en locais destinados á venda ós consumidores finais.

Para efectos da exacción do tributo, as actividades de inspección e control sanitario que se inclúen dentro do feito impoñible da tarifa 36 do artigo 23 catalóganse da seguinte maneira:

-Control de determinadas substancias e residuos en animais e os seus productos, na forma prevista pola normativa vixente».

13) Modifícase o parágrafo 3 do artigo 21, que queda como segue:

«3.-Na tarifa 27 da modalidade actuacións profesionais, será suxeito pasivo substituto do contribuínte a empresa concesionaria do servicio de inspección técnica de vehículo».

14) Engádeselle o parágrafo 4 ó artigo 21, co obxecto de axeitalo ó Acordo do Consello de Política Fiscal e Financeira do 15 de setembro de 1997, coa seguinte redacción:

«4.-Son suxeitos pasivos obrigados ó pagamento, segundo a tarifa de que se trate, as seguintes persoas ou entidades:

1.-Na tarifa 08 da modalidade administrativo-facultativa:

a) No caso das taxas relativas ás inspeccións e ós controis sanitarios oficiais ante mortem e post mortem dos animais sacrificados, selado de canais, vísceras e sobras destinadas ó consumo humano, os titulares da explotación dos establecementos onde se leve a cabo o sacrificio ou se practique a inspección, xa sexan persoas físicas ou xurídicas.

b) Nas taxas relativas ó control das operacións de despezamento:

1) As mesmas persoas determinadas no parágrafo anterior, cando as operacións de despezamento se realicen no mesmo matadoiro.

2) As persoas físicas ou xurídicas titulares da explotación dos establecementos dedicados á operación de despezamento de forma independente, nos demais casos.

c) Nas taxas relativas ó control de almacenamento, desde o momento en que se fixen, as persoas físicas ou xurídicas titulares da explotación dos citados establecementos.

2.-Na tarifa 36 da modalidade administrativo-facultativa:

-Nas taxas relativas ó control de substancias e residuos en animais e os seus productos, os titulares

da explotación dos establecementos, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, onde se leven a cabo os citados controis e análises.

Os suxeitos pasivos anteriores deberán trasladarlles, cargando o seu importe en factura, as taxas ós interesados que solicitasen a prestación do servicio ou para os que se realicen as operacións de sacrificio, despezamento, almacenamento ou control de determinadas substancias e residuos animais e os seus productos descritos no artigo 19.2, e procederán posteriormente ó seu ingreso a favor da Comunidade Autónoma, na forma que regulamentariamente se estableza.

No caso de que o interesado, á súa vez, lle adquirise o gando en vivo a un terceiro, para sacrificio, poderá esixir desta o importe da taxa correspondente ó concepto da tarifa 36 do artigo 23.

Entenderase que son interesados non só as persoas físicas ou xurídicas que soliciten os mencionados servicios, senón tamén as herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, aínda que non teñan personalidade xurídica propia, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado.

Serán responsables subsidiarios, nos supostos e co alcance previsto no artigo 40 da Lei xeral tributaria, os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral que se dediquen ás actividades para as que a súa inspección e control xera o devengo das tarifas 08 e 36 do artigo 23º .»

15) Modifícase a redacción do parágrafo 2 do artigo 22, coa finalidade de adaptala ó Acordo do Consello de Política Fiscal e Financeira do 15 de setembro de 1997, que queda como segue:

«2.- A taxa que corresponde satisfacer polas tarifas 08 e 36 do artigo 23 devengarase no momento en que se leven a cabo as actividades de inspección e control sanitario de animais e os seus productos, nos establecementos ou instalacións en que se desenvolvan aquelas, sen prexuízo de que se esixa o seu previo pagamento cando a realización do control sanitario se inicie por solicitude do suxeito pasivo ou do interesado.

Na tarifa 08 do artigo 23, no caso de que nun mesmo establecemento e por solicitude do interesado se realicen en forma sucesiva as tres operacións de sacrificio, despezamento e almacenamento, ou dúas delas en fases igualmente sucesivas, o total da contía da taxa determinarase de forma acumulada ó comezo do proceso, con independencia do momento do devengo das cotas correspondentes, sen prexuízo do previsto nas regras de acumulación.»

16) Engádenselle os subapartados 11 e 12 ó apartado 01 do artigo 23, que quedan redactados como segue:

«11. Dilixenciamento do caderniño de contratos relativos á prestación de servicios en autotaxi iniciados en concello distinto daquel onde teñan a súa residencia2.500 ptas.

12. Aprobación de revisión de tarifas na explotación de estación de autabuses10.000 ptas.»

17) Suprímense os subapartados 01 e 02 do apartado 04 do artigo 23.

18) Engádeselle ó subapartado 06 do apartado 04 do artigo 23 o suposto de renovación da anterior inscrición coa tarifa de 1.965 ptas.

19) Engádeselle o subapartado 07 ó apartado 04 do artigo 23, coa seguinte redacción:

«07. Homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos praguicidas:

01. Curso nivel básico

-Homologación e autorización 1.º curso25.000 ptas.

-Autorización de cada curso20.000 ptas.

02. Curso nivel cualificado

-Homologación e autorización50.000 ptas.

-Autorización de cada curso40.000 ptas.

03. Curso niveis especiais

-Homologación e autorización 1.º curso50.000 ptas.

-Autorización de cada curso50.000 ptas.

04. Expedición de carnés de manipuladores de praguicidas1.195 ptas.

-Renovación do carné anterior600 ptas.

-Validación para a obtención do carné de manipulador de praguicidas1.640 ptas.»

20) Engádenselle os seguintes supostos ó subapartado 04 do apartado 07 do artigo 23:

«-Certificado de transporte375 ptas.

-Comprobación de carga:

* Équidos, bóvidos e similares16.955 ptas.

* Porcino, ovino, caprino e similares11.305 ptas.

* Aves, cuellos, visóns, colmeas e similares5.650 ptas. »

21) Engádenselle os subapartados 20, 21 e 22 ó apartado 07 do artigo 23, coa seguinte redacción:

«20. Subministración de marcas e documentos de identificación do gando:

-Por cada acto administrativo de subministración100 ptas.

-Por cada marca e documento de identificación subministrado50 ptas.

21. Xestión e subministración de marcas para recrotalización en caso de perdas ou deterioracións dos crotais bovinos, incluída a identificación de animais procedentes de terceiros países:

-Por cada acto administrativo300 ptas.

-Por cada crotal subministrado200 ptas.

22. Expedición de duplicados de documentos de identificación de gando bovino por perdas, procedencia doutros países comunitarios e outras causas300 ptas. »

22) Modifícase o apartado 08 do artigo 23, para a súa necesaria adecuación ó Acordo do Consello de Política Fiscal e Financeira do 15 de setembro de 1997, que queda coa seguinte redacción:

«08. Inspeccións e controis sanitarios oficiais de carnes frescas e carnes de cuello e caza.

A) Cota tributaria.

A cota tributaria esixiráselle ó contribuínte por cada unha das operacións relativas a:

-Sacrificio de animais.

-Operacións de despezamento.

-Control de almacenamento.

Non obstante, cando concorran nun mesmo establecemento as operacións de sacrificio, despezamento e almacenamento, o importe total da taxa que se debe percibir comprenderá o das cotas das tres fases acumuladas na forma prevista nas regras de acumulación.

As cotas esixibles ó suxeito pasivo pola realización de actividades de inspección e control de operacións de sacrificio realizadas en matadoiros liquidaranse en función do número de animais sacrificados.

As cotas esixibles pola realización de actividades de inspección e control de operacións de despezamento e almacenamento determinaranse en función do número de toneladas sometidas ás devanditas operacións. Para estes últimos efectos e para as operacións de despezamento tomarase como referencia o peso real da carne antes de despezar, incluidos os ósos.

01. Polas actuacións conxuntas de inspección e control sanitario ante mortem, post mortem, control documental das operacións realizadas e marcaxe sanitaria das canais, vísceras e sobras aplicaranse os seguintes tipos de gravame por cada animal sacrificado nos establecementos ou instalacións debidamente autorizados correspondentes tanto ás actuacións sanitarias coma ás administrativas que lles son inherentes.

a) Para gando:Tipo de gravame

Clase de gando(Ptas./animal)

Bovino

Maior con máis de 218 kg de peso por canal324 ptas.

Menor con menos de 218 kg de peso por canal180 ptas.

Solípedes-équidos317 ptas.

Porcino e xabarís

Comercial de 25 ou máis kg de peso por canal93 ptas.

Leitóns de menos de 25 kg de peso por canal36 ptas.

Ovino, caprino e outros rumiantes

Con máis de 18 kg de peso por canal36 ptas.

Entre 12 e 18 kg de peso por canal25 pts.

De menos de 12 kg de peso por canal12 ptas.

b) Para as aves de curral, coellos e caza menor: Tipo de gravame

Clase de animal(Ptas./animal)

Para aves adultas pesadas, coellos e caza

menor de pluma e pelo, con máis

de 5 kg de peso por canal2,9 ptas.

Para aves de curral novas de engorde,

coellos e caza menor de pluma e pelo,

de engorde de entre 2,5 e 5 kg

de peso por canal1,4 ptas.

Para polos e galiñas de carne e demais

aves de corral novas de engorde,

coellos e caza menor de pluma e pelo,

con menos de 2,5 kg de peso por canal0,70 ptas.

Para galiñas de reposición0,70 ptas.

02. A cota relativa ás inspeccións e ós controis sanitarios nas salas de despezamento, incluídas a etiquetaxe e a marcaxe de pezas obtidas das canais, fíxase en 216 pesetas por tonelada.

03. A cota correspondente ó control e á inspección das operacións de almacenamento esixirase desde o momento en que se establezan as devanditas operacións por producirse o desenvolvemento previsto no anexo da Directiva 96/43/CE, a cal se cifra igualmente en 216 pesetas por tonelada.

O importe da taxa correspondente non poderá ser obxecto de restitución a terceiros por mor da exportación de carnes, xa sexa en forma directa ou indirecta.

B) Regras relativas á acumulación de cotas.

As cotas tributarias devengadas en cada caso deberanse acumular cando concorra a circunstancia dunha integración de todas ou algunhas das fases de devengo nun mesmo establecemento, de acordo coas seguintes regras:

a) No caso de que no mesmo establecemento se efectúen operacións de sacrificio, despezamento e

almacenamento aplicaranse os seguintes criterios para a exacción e o devengo do tributo:

a.l) A taxa que se debe percibir será igual ó importe acumulado das cotas tributarias devengadas polas operacións citadas ata a fase de entrada en almacén inclusive.

a.2) Se a taxa percibida no matadoiro cubrise igualmente a totalidade dos gastos de inspección por operacións de despezamento e control de almacenamento, non se percibirá ningunha taxa por estas dúas últimas operacións.

b) Cando concorran nun mesmo establecemento unicamente operacións de sacrificio e despezamento e a taxa percibida no matadoiro cubrise igualmente a totalidade dos gastos de inspección por operacións de despezamento, non se percibirá ningunha taxa polo dito concepto.

c) No caso de que no mesmo establecemento se realicen soamente operacións de despezamento e almacenamento, non se devengará a cota relativa a inspeccións e controis sanitarios de carnes pola operación de almacenamento.

Entenderase que a taxa percibida polo sacrificio cobre igualmente os gastos de control das operacións de despezamento, ou incluso das operacións de despezamento e almacenamento, cando a situación dos locais nos que se desenvolvan estas lles permita ós técnicos facultativos levar a cabo o control de todas elas sen un incremento apreciable do tempo que normalmente sería preciso dedicar, por si só, ás operacións de sacrificio.

C) Liquidación e ingreso.

O ingreso, en cada caso, realizarase mediante autoliquidación do suxeito pasivo correspondente, na forma e nos prazos que se establezan regulamentariamente.

Os suxeitos pasivos das taxas trasladaranas cargando o seu importe total nas correspondentes facturas ós interesados, practicando as liquidacións procedentes consonte o sinalado no apartado B) anterior.

As devanditas liquidacións deberán ser rexistradas nun libro oficial habilitado para o efecto e autorizado pola autoridade sanitaria correspondente. A omisión deste requisito dará orixe á imposición das sancións de orde tributaría que correspondan, con independencia das que se poidan determinar ó tipifica-las conductas dos titulares das explotacións na orde sanitaria.

No caso de que a inspección sanitaria das aves de curral vivas se realice na explotación de orixe, a parte da cota tributaria correspondente a esta inspección ascenderá ó 20% do total e percibirase na devandita explotación.

Os titulares da explotación dos establecementos dedicados ó sacrificio de gando poderán deduci-lo custo suplido do persoal auxiliar e axudantes, que non poderá supera-la cifra de 484 pesetas por tonelada para os animais de abasto e 152 pesetas por tonelada para as aves de curral, coellos e caza menor. Para tal efecto poderase computa-la citada reducción aplicando as seguintes contías por unidade sacrificada.

UnidadesCustos suplidos

máximos por

auxiliares

axudantes

(por unidade

sacrificada)

De bovino maior con máis de 218 kg por canal125 ptas.

De tenreiros con menos de 218 kg de peso por canal86 ptas.

De porcino comercial e xabarís de máis de 25 kg

de peso por canal36 ptas.

De leitóns e xabarís de menos de 25 kg

de peso por canal10 ptas.

De cordeiros e outros rumiantes de menos de 12 kg

de peso por canal3,2 ptas.

De cordeiros e outros rumiantes de entre 12 e

18 kg de peso por canal7,3 ptas.

De ovino maior e outros ruminantes con máis de

18 kg de peso por canal9 ptas.

De cabrito de leite de menos de 12 kg de peso

por canal3,2 ptas.

De caprino de entre 12 e 18 kg

de peso por canal7,3 ptas.

De caprino maior de máis de 18 kg

de peso por canal9 ptas.

De gando cabalar70 ptas.

De aves de curral, coellos e

caza maior0,25 ptas.

Para a aplicación destas deduccións requirirase o previo recoñecemento da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.»

23) Modifícase a redacción do apartado 13 e dos seus subapartados 02 e 03 do artigo 23, que quedan como segue:

«13. Cadáveres, criaturas abortivas, membros procedentes de amputacións e restos cadavéricos.

02. Exhumación dun cadáver, criatura abortiva ou membros procedentes de amputacións.

03. Exhumación de restos cadavéricos.»

24) Modifícase o apartado 29 do artigo 23, que queda coa seguinte redacción:

«29. Concesión en materia de augas:

01. Concesión para abastecemento de poboacións ou urbanización

-Con competencia15.000 ptas.

-Sen competencial0.000 ptas.

02. Concesión para regadíos e usos agrarios....10.000 ptas.

03. Concesión para usos industriais para producción de enerxía eléctrica

-Uso privado9.000 ptas.

-Uso públicol5.000 ptas.

04. Concesión para uso das augas dedicadas a finalidades exclusivamente mineiras8.000 ptas.

05. Concesión para usos industriais non incluídos nos puntos anteriores7.000 ptas.

06. Concesión para usos recreativos8.000 ptas.

07. Concesión para extracción de áridos...8.000 ptas.

08. Concesión para establecementos de acuicultura9.000 ptas.

09. Concesión para navegación e transporte acuático7.000 ptas.

10. Outras concesións7.000 ptas.

11. Autorización previa para tramitar ou grava-la concesión de transmisión total ou parcial de concesión5.000 ptas.

12. Autorización de transferencia de concesión, modificación das características de concesión, rehabilitación ou revisión dela7.420 ptas.

13. Concesión de modernización, rehabilitación ou adaptación de aproveitamento hidroeléctrico sen cambios nas características concesionais15.000 ptas.

14. Concesión de modificación das características da concesión do aproveitamento hidroeléctrico (sen ampliacións das características técnicas)....l0.000 ptas.

15. Concesión para ampliación das características das concesións do aproveitamento hidroeléctricol5.000 ptas.

16. Outras autorizacións relativas á concesión5.300 ptas.»

25) Modifícase o apartado 30 do artigo 23, que queda redactado como segue:

«30. Autorización en materia de augas:

01. De obras de defensa, canalización e desvío de canles, construcción de ramplas e embarcacións6.000 ptas.

02. Obras de cubrición de leitos, construcción de pontes, pasarelas, cruzamentos subterráneos de leitos6.000 ptas.

03. Limpeza de leitos5.000 ptas.

04. Construcción en zonas de policía6.000 ptas.

05. Derivación de augas de carácter temporal16.000 ptas.

06. De cruzamentos de liñas eléctricas e diversos servicios5.000 ptas.

07. De permiso de investigación de augas subterráneas5.000 ptas.

08. De extracción de áridos6.000 ptas.

09. De corta, sementeira e plantacións5.000 ptas.

10. De navegación e flotación5.000 ptas.

11. De vertido6.000 ptas.

12. Ocupación temporal ou invasión do leito do río6.000 ptas.

13. Construcción dun pozo5.000 ptas.

14. Establecemento de barcos de paso e embarcacións6.000 ptas.

15. Flotación fluvial para transporte de madeira6.000 ptas.

16. Para utilización de pastos en zona de D.P.H.5.000 ptas.

17. Para establecementos de baños ou zonas recreativas e deportivas6.000 ptas.

18. Para acampada colectiva en zona de policía de leitos6.000 ptas.

19. Autorización para limpezas das canles, axudas e zona de auga represada dos aproveitamentos hidroeléctricos6.000 ptas.

20. Outras autorizacións5.000 ptas.»

26) Engádeselle ó apartado 32 do artigo 23 o suposto de apeos coa mesma tarifa.

27) Engádeselle o apartado 34 ó artigo 23, coa seguinte redacción:

«34. Constitución e imposición de servidumes:

01. Acueducto7.000 ptas.

02. Saca de auga e bebedoiro7.000 ptas.

03. Estribo de presa e de parada7.000 ptas.

04. Paso7.000 ptas.

05. Outras7.000 ptas.»

28) Engádeselle o apartado 35 ó artigo 23, coa seguinte redacción:

«35. Informes técnicos e outras actuacións facultativas realizadas polo persoal técnico ó servicio do organismo autónomo Augas de Galicia, cando deban facerse como consecuencia das disposicións en vigor

ou dos termos propios das concesións e autorizacións outorgadas.

01. Fase de estudio e informe sen saída a campo

-Se non existe proxecto5.000 ptas.

-Se existe proxecto

-Para usos industriais e hidroeléctricos, sobre orzamento0,02%

Mínimo10.000 ptas.

-Pozos5.000 ptas.

-Outros usos10.000 ptas.

02. Fase de informe con saída a campo

-Se non existe proxecto10.000 ptas.

-Se existe proxecto

-Para usos industriais e hidroeléctricos, sobre orzamento0,03%

Mínimo20.000 ptas.

-Pozos5.000 ptas.

-Outros usos20.000 ptas.

-Se cómpre saír máis dun día, por cada día máis18.000 ptas.

-Por foto400 ptas.

Entenderase por orzamento a suma do orzamento xeral incluída a marxe industrial, de administración, honorarios facultativos e IVE.»

29) Engádeselle o apartado 36 ó artigo 23, como consecuencia do Acordo do Consello de Política Fiscal e Financeira do 15 de setembro de 1997, que terá a seguinte redacción:

«36. Controis sanitarios respecto de determinadas substancias e os seus residuos en animais vivos e os seus productos.

A) Cota tributaria.

01. Polos controis sanitarios de determinadas substancias e a investigación de residuos nos animais vivos destinados ó sacrificio, relacionados na tarifa 08, e nas súas carnes, practicados segundo os métodos de análise previstos nas regulamentacións técnico-sanitarias sobre a materia, dictadas polo propio Estado ou catalogadas de obrigado cumprimento en virtude de normas emanadas da Unión Europea, percibirase unha cota de 216 pesetas por tonelada, resultante da operación de sacrificio, de acordo coas regras polas que se regula a liquidación de cotas.

O importe da devandita taxa que se debe percibir, e que ascende a 216 pesetas por tonelada, poderase cifrar igualmente con referencia ós pesos medios a nivel nacional das canais obtidas do sacrificio dos

animais de acordo co seguinte cadro, con indicación da cota por unidade:

UnidadesCota por unidade

(pesetas)

Bovino

Maior con máis de 218 kg de peso por canal55 ptas.

Menor con menos de 218 kg de peso por canal38 ptas.

Solípedes-équidos32 ptas.

Porcino e xabarís

Comercial de 25 ou máis kg de peso por canal16 ptas.

Leitóns de menos de 25 kg de peso por canal4,2 ptas.

Ovino, caprino e outros rumiantes

Con máis de 18 kg de peso por canal4 ptas.

Entre 12 e 18 kg de peso por canal3,2 ptas.

De menos de 12 kg de peso por canal1,4 ptas.

Aves de curral, coellos e caza menor de pluma e pelo0,35 ptas.

02. Polo control de determinadas substancias e residuos en productos da acuicultura, percibirase unha cota de 16 pesetas por tonelada.

03. Pola investigación de substancias e residuos no leite e productos lácteos, devengarase unha cota de 3,2 pesetas por cada mil litros de leite cru utilizado como materia prima.

04. Polo control de determinadas substancias e residuos en ovoproductos, percibirase unha cota de 3,2 pesetas por tonelada.

05. Polo control de determinadas substancias e residuos no mel, percibirase unha cota de 3,2 pesetas por tonelada.

B) Liquidación e ingreso.

O ingreso realizarase mediante autoliquidación do suxeito pasivo correspondente, na forma e nos prazos que se establezan regulamentariamente.

Os suxeitos pasivos da taxa trasladarana cargando o seu importe total nas correspondentes facturas ós interesados, practicando as liquidacións procedentes.

O importe da taxa correspondente non poderá ser obxecto de restitución a terceiros por mor da exportación de carnes, xa sexa de forma directa ou indirecta.»

30) Engádeselle o apartado 37 ó artigo 23, coa seguinte redacción:

«37. Autorización de servicios de prevención externos10.000 ptas.»

31) Engádeselle o apartado 38 ó artigo 23, coa seguinte redacción:

«38. Autorización a persoas e entidades para realizar auditorías de prevención10.000 ptas.»

32) Engádeselle o apartado 39 ó artigo 23, coa seguinte redacción:

«39. Autorización a entidades formativas para impartir cursos de prevención de riscos laborais de nivel intermedio e superior10.000 ptas.»

33) Engádeselle o apartado 40 ó artigo 23, coa seguinte redacción:

«40. Autorización de cursos de prevención de riscos laborais de nivel intermedio e superior5.000 ptas.»

34) Modifícanse os subapartados 11, 12 e 13 do apartado 07 do artigo 24, que quedan coa redacción que segue:

«11. Autorización e inscrición ou modificación da inscrición no rexistro de instalacións de raios X con fins de diagnóstico médico5.990 ptas.

12. Autorización e inscrición ou renovación da autorización no rexistro de instaladores, mantedores, reparadores de instalación de protección contra incendios2.726 ptas.

13. Autorización e inscrición ou autorizacións de modificacións nas instalacións radioactivas de segunda e terceira categoría15.900 ptas.»

35) Engádeselle o subapartado 14 ó apartado 07 do artigo 24, coa seguinte redacción:

« 14. Renovación de autorizacións de entidades habilitadas para impartir cursos sobre regulamentos de seguridade industrial. Sobre a tarifa consignada no subapartado 07 devengarase o 50%.»

36) Modifícase o subapartado 01 do apartado 36 do artigo 24 da forma seguinte:

Onde di: «Base de aplicación (capital de instalación ou ampliación)», debe dicir: «Base de aplicación (capital de instalación)»

37) Engádeselle o subapartado 06 ó apartado 36 do artigo 24, coa seguinte redacción:

«06. Autorización de extracción de semente de mexillón1.000 ptas.»

38) Modifícase o subapartado 03 do apartado 37 do artigo 24, que queda redactado como segue:

«03. Recoñecemento de réxime especial de producción eléctrica:

Ata 10 MW40.000 ptas.

De 10 a 15 MW80.000 ptas.

De 15 a 50 MW160.000 ptas.

De máis de 50 MW250.000 ptas.»

39) Modifícase a redacción do subapartado 04 do apartado 37 do artigo 24, que queda coa seguinte redaccción:

«04. Cambio de titularidade. Recoñecemento do réxime especial de producción eléctrica30.000 ptas.»

40) Modifícase o apartado 39 do artigo 24, que queda redactado como segue:

«39. Talleres, tacógrafos e limitadores de velocidade:

01. Autorización e inscrición10.600 ptas.

02. Renovación da autorización e inscrición: sobre a tarifa anterior devengarase o 50% dela.»

41) Modifícase o apartado 40 do artigo 24, que queda coa redacción que segue:

«40. Precinto de surtidores:

01. Autorización e inscrición10.600 ptas.

02. Renovación da autorización e inscrición: o 50% do subapartado 01 anterior.»

42) Modifícase o apartado 41 do artigo 24, que queda coa seguinte redacción:

«41. Informes de supervisión de proxectos en materia de aproveitamentos de augas:

01. Fase de estudio e informe do proxecto antes do outorgamento da concesión:

-Usos industriais e hidroeléctricos, sobre orzamento0,02%

-Outros usos, sobre orzamento0,01%

-Mínimo10.000 ptas.

02. Fases posteriores ó outorgamento da concesión (fases de construcción ou explotación das infraestructuras) con saída a campo:

-Usos industriais e hidroeléctricos, sobre orzamento0,03%

-Outros usos, sobre orzamento0,001%

-Mínimo por día20.000 ptas.

-Por foto400 ptas.

Entenderase por orzamento a suma do orzamento xeral incluída a marxe industrial, de administración, honorarios facultativos e IVE.»

43) Modifícase o apartado 42 do artigo 24, que queda coa seguinte redacción:

«42. Tramitación de expediente de concesión de augas:

01. Visita de recoñecemento e control do aproveitamento in situ como consecuencia das disposicións en vigor ou dos termos propios da concesión ou autorización:

-Unha xornada20.000 ptas.

-Se cómpre saír máis dun día, por cada día máis18.000 ptas.

-Por foto400 ptas.

02. Visita de recoñecemento para confronta-lo proxecto in situ:

-Unha xornada20.000 ptas.

-Se cómpre saír máis dun día, por cada día máis18.000 ptsa.

-Por foto400 ptas.

03. Visita de recoñecemento para confronta-lo proxecto, en caso de modificacións desta in situ:

-Unha xornada20.000 ptas.

-Se cómpre saír máis dun día, por cada día máis18.000 ptas.

-Por foto400 ptas.

04. Visita de recoñecemento final do aproveitamento: ~

-Usos hidroeléctricos e industriais:

-Unha xornada25.000 ptas.

-Se cómpre saír máis dun día, por cada día máis20.000 ptas.

-Por foto400 ptas.

-Outros usos:

-Se existe proxecto10.000 ptas.

-Se non existe proxecto15.000 ptas.

Estas cantidades incrementaranse nun 5% do valor do orzamento do proxecto, cando este non exceda de 5.000.000 de pesetas, e nun 10% sobre o exceso de 5.000.000 de pesetas.

05. Acta de adecuación do aproveitamento de augas ós condicionantes ambientais e/ou hidrolóxicos da concesión in situ:

-Unha xornada20.000 ptas.

-Se cómpre saír máis dun día, por cada día máis18.000 ptas.

-Por foto400 ptas.

06. Emisión da acta previa á posta en funcionamento5.300 ptas.»

44) Modifícase o apartado 43 do artigo 24 e engádense os seguintes subapartados:

«43. Legalización do aproveitamento de augas:

01. Concesión para abastecemento de poboacións ou urbanización

-Con competencia16.000 ptas.

-Sen competencia11.000 ptas.

02. Concesión para regadíos e usos agrarios....11.000 ptas.

03. Concesión para uso das augas dedicadas a finalidades exclusivamente mineiras9.000 ptas.

04. Concesión para usos recreativos9.000 ptas.

05. Concesión para extracción de áridos......9.000 ptas.

06. Concesión para establecementos de acuicultura9.000 ptas.

07. Concesión para navegación e transporte acuático8.000 ptas.

08. Outras concesións....8.000 ptas.»

45) Modifícase o apartado 44 do artigo 24, que queda redactado como segue:

«44. Recoñecemento de instalación de carácter parcial en caso de modificación dos aproveitamentos hidroeléctricos:

01. Medicións de azude8.000 ptas.

02. Medicións de toma8.000 ptas.

03. Medicións de canle ou caudal8.000 ptas.

04. Medicións de cámara de carga8.000 ptas.

05. Medicións de tubería forzada8.000 ptas.

06. Medicións central hidroeléctrica8.000 ptas.

07. Medicións restitucións8.000 ptas.

08. Comprobación de aparellos ou comportas8.000 ptas.»

46) Engádeselle o apartado 46 ó artigo 24, coa seguinte redacción:

«46. Actuacións con respecto ó rexistro de distribuidores polo miúdo mediante subministracións directas a instalacións fixas de carburantes e combustibles petrolíferos:

01. Inscrición

Ata 40.000 litros40.000 ptas.

Cada 20.000 litros ou fracción que exceda18.000 ptas.

02. Cambio de titular

Sobre a tarifa consignada no subapartado 01 devengarase o 50% da tarifa.»

47) Engádeselle o apartado 47 ó artigo 24, coa seguinte redacción:

«47. Autorizacións para realizar comprobacións de tensións de paso e de contacto de instalacións de poste a terra50.000 ptas.»

48) Engádeselle o apartado 48 ó artigo 24, coa redacción seguinte:

«48. Cambio de titularidade. Autorizacións de instalacións de producción, transporte e distribución de enerxía eléctrica50.000 ptas.»

49) Engádeselle o apartado 49 ó artigo 24, coa seguinte redacción:

«49. Recoñecemento e autorización das escolas de navegación de lecer20.000 ptas.»

50) Engádeselle o apartado 50 ó artigo 24, coa seguinte redacción:

«50. Recoñecemento e autorización das escolas de mergullo20.000 ptas.»

51) Engádeselle o apartado 05 ó artigo 28, coa seguinte redacción:

«05. Venda do libro Diario de mergullo5.000 ptas.»

Título V

Da xestión orzamentaria

Capítulo único

Dos procedementos de xestión orzamentaria

Artigo 31º.-Identificación dos proxectos de investimento.

As modificacións dos programas de investimento que impliquen o inicio de novos proxectos ou a variación dos existentes requirirán a asignación dun novo código pola intervención delegada da consellería correspondente, logo da tramitación da oportuna modificación polo órgano competente segundo o previsto na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Artigo 32º.-Aprobación de gastos polo Consello da Xunta.

A tramitación de expedientes de gastos dos capítulos II e VI por contía igual ou superior a 500.000.000 de pesetas requirirá autorización previa do Consello da Xunta.

Unha vez obtida a dita autorización, a aprobación do gasto corresponderalle ó órgano de contratación.

Artigo 33º.-Gastos plurianuais.

Por acordo do Consello da Xunta poderanse adquirir compromisos de gasto de carácter plurianual na tramitación de expedientes que teñan algunha das seguintes finalidades:

a) Adquisición de vivendas para a cualificación de promoción pública.

b) Adquisición de terreos para a construcción de vivendas de protección oficial.

c) Concesión de préstamos para a promoción de vivendas mediante convenios.

d) Axudas económicas persoais e para o apoio financeiro en vivendas sociais.

e) Concesión de subvencións para subsidiación de intereses de préstamos para vivendas de protección oficial.

f) Contratos de seguros de xestión centralizada.

A Xunta de Galicia daralle conta trimestralmente á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos de tódalas operacións que se realicen ó abeiro deste epígrafe.

Artigo 34º.-Tramitación urxente de expedientes de obras.

Con carácter xeral autorízaselles ós órganos de contratación a tramitación urxente, prevista no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas, de expedientes de obras que non superen os 500.000.000 de pesetas.

Para os efectos do establecido neste artigo son órganos de contratación da Xunta os establecidos no artigo 72 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Artigo 35º.-Revisións de prezos contidos en concertos ou convenios.

Con carácter xeral as revisións de prezos que se establezan nos concertos ou convenios que subscriban durante o ano 1998 a Administración xeral da Comunidade Autónoma, os seus organismos autónomos ou as entidades de dereito público previstas no artigo 12.1.b) da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, así como as revisións de prezos e tarifas de concertos ou convenios establecidos con anterioridade, non poderán supera-lo incremento do IPC galego durante o exercicio. Nese caso daráselle conta á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento nun prazo máximo de tres meses desde a toma do acordo correspondente.

Artigo 36º.-Subvencións e axudas con cargo ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

Un.-Con independencia do disposto no artigo 78 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, poderán concederse de forma directa axudas ou subvencións nos seguintes casos:

a) As que deriven de convenios entre a Comunidade Autónoma e os entes públicos ou privados para a prestación de servicios públicos ou para a adquisición de bens de interese público, logo da oportuna xustificación razoada do órgano xestor, nas que non sexa posible promove-la concorrencia pública pola especificidade das características que debe cumpri-la entidade ou actividade destinataria da subvención.

b) As axudas ou subvencións correntes ás que polo seu obxectivo de utilidade e interese social ou cultural, ou para promove-la consecución dun fin público, non lles sexan aplicables os principios de publicidade e concorrencia, sempre que a súa contía non supere o importe de 1.000.000 de pesetas por beneficiario e ano e as concedidas por cada consellería non excedan globalmente de 10.000.000 de pesetas no exercicio. Estes importes elevaranse a 3.000.000 e 40.000.000 de pesetas, respectivamente, para a sección 04, servicio 01, Secretaría Xeral do Presidente.

As que participando da mesma condición excedan dos límites cuantitativos anteriores deberán ser concedidas por acordo motivado do Consello, dándolle conta á comisión correspondente do Parlamento de Galicia.

c) Excepcionalmente, as axudas ou subvencións de capital, logo de declaración pola Comisión Delegada da Xunta para Asuntos Económicos da súa utilidade e interese social ou do seu carácter estratéxico.

Os acordos de concesión deberán ser adoptados polo Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente por razón da materia. Destes acordos daráselle conta de forma singularizada ó Parlamento de Galicia nun prazo de trinta días.

Dous.-Sen prexuízo da xustificación ou liquidación definitiva das subvencións a que se refire o artigo 78 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e do control e da fiscalización posterior do gasto incorrido, así como das funcións de inspección e control financeiro pertinentes, poderán efectuarse pagamentos parciais ou anticipos de pagamentos sobre a subvención ou axuda concedida, nos casos e coas condicións seguintes:

A) Subvencións correntes:

Para aquelas que non superen o importe de 1.000.000 de pcsetas poderá acordarse no momento da concesión un anticipo de pagamento de ata un 80%, e librarase o 20% restante no momento da completa xustificación por parte do beneficiario do cumprimento da finalidade e das demais condicións para a que foi concedida.

Nos demais casos, poderán acordarse pagamentos parciais a conta da liquidación definitiva, a medida que o beneficiario xustifique os gastos, ata a porcentaxe que estableza a norma reguladora da convocatoria, que nunca será superior ó 80% da subvención concedida. Non obstante, naquelas que se lles concedan baixo os principios de publicidade e concorrencia a entidades sen ánimo de lucro, poderá autorizarse un anticipo do 10% da subvención no momento da concesión, sempre que a orde de convocatoria así o prevexa e estableza os medios documentais de xustificación provisional que deban achega-los beneficiarios.

Excepcionalmente, logo da oportuna xustificación, o Consello da Xunta de Galicia poderá autorizar que a norma reguladora da convocatoria prevexa anticipos, no momento da concesión da subvención, nunha porcentaxe superior á sinalada.

B) Subvencións de capital:

1. Naquelas que non excedan de 5.000.000 de pesetas poderán efectuarse pagamentos parciais a medida que o beneficiario xustifique os investimentos efectuados. Estes pagamentos non superarán o 80% da subvención concedida, e o importe restante

librarase no momento da completa xustificación por parte do beneficiario do cumprimento da finalidade e das demais condicións para a que foi concedida.

2. Cando o importe das subvencións supere a cifra de 5.000.000 de pesetas poderanse efectuar pagamentos parciais a conta da liquidación sempre que concorran os requisitos e as circunstancias seguintes:

a) Que o interesado o solicite.

b) Que se xustifiquen non só o investimento senón tamén os pagamentos efectuados ata ese momento con cargo ó proceso de investimento aprobado.

c) O importe que poida satisfacerse por pagamentos parciais non poderá exceder en ningún caso da anualidade prevista en cada exercicio orzamentario de que se trate nin tamponco supera-lo 80% do total da subvención concedida.

d) Para a concesión de pagamentos parciais será necesario que o beneficiario da subvención acredite xa ter aplicado ó proceso investidor recursos propios na mesma proporción que representa o pagamento parcial respecto da subvención concedida.

e) Os pagamentos parciais quedan condicionados ó resultado da liquidación definitiva da subvención e para estes efectos estarán garantidos con aval bancario ou de entidade aseguradora que se considere suficiente e por tempo indefinido. Este aval estará á disposición da consellería xestora e soamente poderá levantarse unha vez que a subvención se liquide definitivamente de conformidade. O dito aval garantirá o principal e os intereses calculados polo interese legal do diñeiro e por un prazo que medie entre a data de solicitude e o último día no que, de acordo coas normas de concesión da subvención, esta deba ser xustificada.

Quedan exentos deste requisito os beneficiarios que se citan no apartado C) do punto dous deste artigo.

3. Con carácter excepcional, e por resolución motivada da consellería correspondente, poderá autorizarse un anticipo de ata 0 50% da subvención naqueles casos en que o investimento esixa pagamentos inmediatos. Unicamente no caso en que o anticipo non supere o importe de 5.000.000 de pesetas ou lles corresponda ós beneficiarios que se citan no apartado C) do punto dous deste artigo non serán esixibles as garantías previstas no apartado e) anterior.

4. Respecto do Fondo de Cooperación Local haberá que aterse á súa normativa reguladora.

C) De acordo coa natureza e co réxime das subvencións concedidas con cargo ós orzamentos da Comunidade Autónoma, quedan exentas de achega-los xustificantes do cumprimento das abrigas a

que se refire o artigo 79 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia:

a) As libradas a favor da Comunidade Autónoma e das súas sociedades públicas, así como dos órganos estatutarios de Galicia.

b) As libradas a favor do Estado e dos seus organismos autónomos, así como dos órganos constitucionais.

c) As libradas a favor das corporacións locais e universidades.

d) As bolsas e axudas destinadas expresamente a financiar estudios en centros de formación públicos e privados, cando as perciban directamente as persoas individuais beneficiarias.

e) As subvencións ou axudas con cargo ós créditos orzamentarios correspondentes ó artigo 48, «Familias e institucións sen fins de lucro», e aquelas que non superen as 250.000 pcsetas individualmente e se concedan con cargo ó artigo 78, «Familias e institucións sen fins de lucro».

f) As subvencións ou axudas que se concedan con cargo ó artigo 77 do orzamento de gastos, cando non superen por beneficiario e axuda o importe de 250.000 pesetas.

g) As ordes correspondentes das consellerías fixarán o prazo de presentación de solicitudes, que en ningún caso será inferior a vinte días hábiles.

Tres.-De conformidade co disposto no artigo 18.1 do texto refundido da Lei xeral orzamentaria aprobado polo Real decreto lexislativo 1091/1988, do 23 de setembro, nos regulamentos (CEE) números 4042/1989 e 4253/1988, agora integrados no Regulamento (CEE) número 2080/1994, do Consello do 20 de xullo de 1994 (instrumento financeiro de orientación da pesca, IFOP), e nas demais disposicións aplicables, correspóndelle no ámbito de Galicia á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma a elaboración e execución dos plans de control sobre beneficiarios de axudas financiadas total ou parcialmente cos fondos comunitarios a que se refiren as citadas normas.

Artigo 37º.-Expedientes de dotación artística.

A entrada en vigor desta lei, o 70% dos créditos afectados á realización de traballos de dotación artística, nas aplicacións correspondentes a proxectos técnicos de obras novas do capítulo VI non financiados polo Fondo de Compensación Interterritorial ou con fondos finalistas ou procedentes da Unión Europea, será obxecto de retención e transferido seguidamente á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo para a finalidade determinada na Lei 12/1991, do 14 de novembro, de traballos de dotación artística nas obras públicas e nos camiños de Santiago da Comunidade Autónoma de Galicia.

A transferencia indicada terá carácter de «a conta» sobre a liquidación definitiva da porcentaxe que de acordo coa Lei 12/1991 lles corresponde ós traballos de dotación artística.

Disposicións adicionais

Primeira.-Transferencia de remanentes líquidos de tesourería.

Os organismos autónomos e as sociedades públicas de carácter non mercantil da Comunidade Autónoma transferirán ó orzamento da Administración xeral da Comunidade Autónoma o importe do remanente de tesourería non afectado resultante da liquidación do anterior exercicio orzamentario.

A Consellería de Economía e Facenda poderá xerar crédito con este importe no programa 531B, «Imprevistos e funcións non clasificadas».

Non obstante, e coa finalidade de evitar que se produzan estas remanentes, a Consellería de Economía e Facenda poderá limita-las transferencias de crédito a estas entidades en función do seu nivel de execución orzamentaria, procedéndose no que respecta a recursos provenientes da Unión Europea, do Fondo de Compensación Interterritorial ou de subvencións finalistas a transferi-los fondos na forma indicada na disposición adicional primeira da Orde do 16 de xullo de 1996 sobre desenvolvemento da xestión orzamentaria dos ingresos procedentes de transferencias correntes e de capital.

Segunda.-Servicio Galego de Saúde. Transferencias de crédito.

As limitacións contidas nos apartados b) e c) do artigo 68 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, entenderanse referidas, no orzamento do Servicio Galego de Saúde, ó orzamento individualizado de cada un dos centros de gasto e non ós orzamentos totais.

Terceira.-Sociedades públicas.

1. Autorízase o Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, a aproba-los orzamentos de explotación e capital previstos no artigo 83 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, das sociedades públicas que se constitúan ou entren en funcionamento ó longo do ano 1998.

2. Da aprobación dos orzamentos destas sociedades daráselle conta á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento de Galicia dentro do mes seguinte á súa aprobación.

3. A Sociedade Pública de Investimentos comunicaralle mensualmente á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento de Galicia os plans económico-financeiros que subscriba.

Cuarta.-Complemento variable da renda de integración social de Galicia.

Para o ano 1998 a contía do complemento variable da prestación económica da renda de integración social de Galicia, en función do número de membros do fogar, prevista no artigo 12.2 da Lei 9/1991, do 2 de outubro, será a seguinte:

-6.505 pesetas polo primeiro membro adicional.

-5.238 pesetas polo segundo membro adicional.

-3.959 pesetas por cada un dos restantes membros adicionais.

Quinta.-Competencia para aproba-los criterios de distribución de determinados créditos.

Os criterios que se establezan para a distribución dos créditos previstos no estado de gastos dos orzamentos no programa 05.06.811B.760.0 acordaraos a Xunta de Galicia logo da súa análise na Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento.

Sexta.-Plan de crecemento e emprego.

Os créditos do programa de gasto 799A, «Accións do Plan de crecemento e emprego», pendentes de distribución serán reasignados logo dos acordos que se é o caso se adopten entre a Xunta de Galicia e os axentes económicos e sociais. En todo caso, a Xunta remitiralle ó Parlamento de Galicia unha proposta de reasignación para debate e, se fose procedente, aprobación na Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos.

Sétima.-Canon de saneamento.

Un.-Modifícase o punto 1 do artigo 35 da Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, que queda redactado nos seguintes termos:

«1. Estará exento do canon de saneamento o consumo ou a utilización da auga para usos domésticos en núcleos nos que a poboación de dereito non supere os 2.000 habitantes. Este límite poderá ser variado anualmente na Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma.»

Dous.-Modifícase a letra B) do punto 1 do artigo 40 da Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, que queda establecida da seguinte maneira:

«B) Usos domésticos9 ptas./m.»

Tres.-A exacción do canon de saneamento ós usos domésticos da auga será esixible a partir do 1 de xullo de 1998.

Disposición transitoria

Única.-Retribucións do persoal contratado administrativo.

As retribucións do persoal contratado administrativo a que facía referencia a disposición transitoria terceira da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, ata tanto non se conclúa o proceso de extinción previsto na dita lei, experimentarán un

incremento do 2,1% respecto das establecidas no ano 1997.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Consellería de Economía e Facenda para que efectúe nos orzamentos da Comunidade Autónoma as adaptacións técnicas que procedan como consecuencia de reorganizacións administrativas, posta en marcha de organismos autónomos ou traspaso de competencias desde outras administracións co fin de crea-los programas, as seccións, os servicios e os conceptos orzamentarios que sexan necesarios e autoriza-las transferencias de crédito correspondentes. Estas operacións en ningún caso darán lugar a un incremento do gasto.

Informarase de todas elas á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento dentro do mes en que se producisen.

Segunda.-O Consello da Xunta dictará, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, as disposicións necesarias para o desenvolvemento e a execución de canto se prevé nesta lei, que entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, sete de abril de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente