Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 08 de abril de 1998 Páx. 3.659

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1998 pola que se anuncia concurso para a redacción do proxecto e execución das obras de construcción de biblioteca no Centro Social Municipal de Monte Alto.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación. b) Número de expediente: 098/23.

2. Obxecto do contrato: redacción do proxecto e execución das obras de construcción de biblioteca no Centro Social Municipal de Monte Alto.

Prazo de execución: dez meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 70.000.000 de ptas. (IVE incluído).

5. Garnatía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19 . e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Calsificación: Grupo C, Categoría d).

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo: un mes contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Adminisión de variantes: si.

9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Proposición económica»,«Documentación administrativa», e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta..., para optar ó concurso para redacción do proxecto e execución das obras de construcción de biblioteca no Centro Social Municipal de Monte Alto».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 26 de marzo de 1998.

O alcalde

Rubricado

3087