1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.
a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministración e Compra. b) Número de expediente: AS98/22.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: vestiario. b) Lugar de entrega: véxase punto 1. c) Prazo de entrega: fixarano os licitadores na súa oferta, e non poderá ser superior a 30 días contados a partir da confirmación a tallaxe da petas de roupa.
3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 2.900.000 ptas. (IVE incluído).
5. Garnatía provisional: 58.000 pesetas.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19 . e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares..
8. Presentación de ofertas:
a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.
d) Adminisión de variantes: si.
9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:
a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Oferta económica»,«Documentación administrativa», e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a subministración de vestiario con destino ó persoal dos talleres e parque móbil municipais».
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Coruña, 25 de marzo de 1998.
O alcalde
Rubricado
3086