Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 08 de abril de 1998 Páx. 3.624

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se delega o exercicio de determinadas competencias no xefe do Servicio de Coordinación Deportiva da Secretaría Xeral para o Deporte en Santiago de Compostela.

Polo Decreto 216/1997, do 30 de xullo, procedeuse á creación e regulación do funcionamento do Servicio de Resposta Inmediata (SERI) para determinados procedementos tramitados por instancia de parte ante a Administración autonómica de Galicia, segundo os principios informadores de que debe someterse á actuación administrativa para conseguir unha maior axilidade e eficacia no seu servicio ó cidadán.

O Decreto 239/1997, do 10 de setembro, sobre desconcentración e delegación de competencias en determinados procedementos para a implantación do Servicio de Resposta Inmediata, establece no seu artigo 1 a desconcentración nos delegados provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública das competencias que, en relación cos procedementos para o rexistro de entidades deportivas e a modificación do Rexistro de Entidades e Clubs, ten atribuídas na actualidade a Secretaría Xeral para o Deporte.

Co fin de conseguir efectivamente esa desexada axilización na resolución destes procedementos é polo que procede, agora, delega-la referida competencia, ademais de no xefe do Servicio Provincial da Secretaría Xeral para o Deporte na Coruña, na que se fixo por Resolución do 12 de setembro de 1997 tamén, e indistintamente, no xefe de Servicio de Coordinación Deportiva da dita secretaría en Santiago de Compostela.

Na súa virtude, facendo uso das atribucións que me confire o artigo 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

DISPOÑO:

Primeiro.- Delegar no xefe do Servicio de Coordinación Deportiva da Secretaría Xeral para o Deporte a competencia para entender e resolve-los seguintes procedementos tramitados por instancia de parte en Santiago de Compostela.

-Rexistro de entidades deportivas.

-Modificación do Rexistro de Entidades e Clubs.

-Segundo.- As resolucións administrativas que se adopten facendo uso da delegación contida na presente resolución farán constar expresamente esta circunstancia e consideraranse dictadas pola autoridade que a conferiu.

Terceiro.- En calquera momento, o delegado provincial da Coruña da Consellería da Presidencia e Administración Pública poderá reclama-lo exercicio das competencias que son delegadas por esta reso

lución, de acordo co establecido no artigo 14 da citada lei.

A Coruña, 2 de febreiro de 1998.

José Antonio Sangil Noya

Delegado provincial da Coruña

2897