Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 06 de abril de 1998 Páx. 3.564

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1998 pola que se anuncia concurso aberto para a contratación do servicio de limpeza no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo.

Obxecto: contratación do servicio de limpeza no edificio administrativo da Xunta de Galicia, situado Duración do contrato: ata o 31 de decembro de 1998.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá solicitarse na Subdirección

de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita na 2º planta do edificio central do complexo administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela.

Orzamento máximo: 22.400.000 pesetas (calculado para nove meses).

Fianza provisional: 448.000 pesetas.

Fianza definitiva: 896.000 pesetas.

Modelo da proposición: o que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas.

Lugar e data límite de presentación de proposicións: no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, en sobre pechado, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, antes das 14 horas do día 2 de maio de 1998.

Apertura de proposicións: en acto público, ás 10 horas do día 5 de maio de 1998, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio administrativo central de San Caetano, Santiago de Compostela).

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario, que deberá aboalo con antelación ó asinamento do contrato.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

2689