Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 06 de abril de 1998 Páx. 3.564

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban as relacións de admitidos e excluídos no concurso 1/1997 convocado pola Orde do 9 de decembro de 1997.

Vistas e examinadas as solicitudes dos participantes no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración da Xunta de Galicia convocado pola Orde do 9 de decembro de 1997 (DOG número 244, do 18 de decembro), esta dirección xeral,

RESOLVE:

Aproba-las relacións de solicitantes admitidos e excluídos no concurso 1/1997.

Ámbalas relacións se atopan expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e oficinas comarcais e na Dirección Xeral da Función Pública.

Os solicitantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG, para formularen, se é o caso, as alegacións pertinentes.

Os solicitantes que dentro do prazo sinalado non corrixan os defectos motivo da exclusión serán definitivamente excluídos.

Así mesmo, os solicitantes que non figuren na relación de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo co obxecto de formularen reclamación.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 1998.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

2979