Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 06 de abril de 1998 Páx. 3.541

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1998, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se dictan instruccións para o final do curso 1997-1998 nos centros de bacharelato, formación profesional, de educación secundaria, de educación secundaria e profesional, artes aplicadas e oficios artísticos, escolas oficiais de idiomas, conservatorios de música e conservatorios de danza.

Co obxecto de regula-las actividades de final de curso con criterios uniformes nos institutos de bacharelato, de formación profesional, de educación secundaria, de educación secundaria e profesional, escolas de artes aplicadas e oficios artísticos, escolas oficiais de idiomas, conservatorios de música, conservatorios de danza e centros privados destes niveis educativos, no período final do curso, esta dirección xeral resolveu dicta-las seguintes instruccións:

Primeiro.

1. Os claustros dos centros sinalados elaborarán un calendario das actividades docentes para o mes de xuño, de acordo coas instruccións recollidas nesta resolución.

2. Os directores dos centros citados enviarán ós servicios provinciais da Inspección, antes do 15 de maio, un resumo do calendario aprobado polo claustro conforme os modelos recollidos nos anexos a esta resolución. As inspeccións devolverán ós centros unha copia do citado resumo, aceptada ou rectificada, antes do día 26 de maio, para que os directores

lla dean a coñecer ó profesorado para o seu cumprimento.

Segundo.

1. O profesorado de centros de ensino secundario seguirá cumprindo o seu horario lectivo ata o día 16 de xuño. Ademais das actividades docentes lectivas, o calendario aprobado polo claustro deberá incluír, ata esa data, as actividades docentes referidas a probas de avaliación, sesións de avaliación conxunta, atención a alumnos pendentes de probas de suficiencia, recuperacións, etc.

2. A partir do 17 de xuño e ata o 30 inclusive, as direccións dos centros poderán modifica-los horarios dos profesores para adecualos ás actividades establecidas no calendario aprobado polo claustro e aceptado pola Inspección (probas de suficiencia, avaliacións finais, entrega de cualificacións, atención a reclamacións, etc.). En todo caso, as direccións dos centros deben garanti-la atención ás reclamacións contra as cualificacións finais, realizadas dentro dos prazos previstos no punto 10.2 da Orde do 24 de xullo de 1991 (DOG do 28 de agosto).

Terceiro

As sesións de avaliación final dos alumnos da ESO e do bacharelato (1º curso) celebraranse a partir do 17 de xuño.

Cuarto.

1. As datas de avaliación de COU e do segundo curso de bacharelato LOXSE adecuaranse ás das probas da selectividade.

2. Unha vez realizadas as avaliacións, poderán continua-las clases de COU e do segundo curso de bacharelato LOXSE nas disciplinas que fose necesario ata a celebración das probas de selectividade e, con este fin, quedan autorizadas as direccións dos centros para introduciren modificacións nos horarios dos profesores e grupos de alumnos afectados.

Quinto

Os alumnos de BUP, FP e bacharelato LOXSE con disciplinas pendentes de cursos anteriores serán convocados a unha proba extraordinaria de suficiencia durante o mes de maio.

Sexto.

As probas de suficiencia do bacharelato unificado e polivalente celebraranse a partir do 17 de xuño. Entre as sesións de avaliación conxunta e as probas de suficiencia deberá transcorrer como mínimo unha semana. A cualificación destas probas realizarase conforme a Resolución do 4 de xullo de 1975 (BOE do 12).

Sétimo.

Os exames para alumnos libres terán lugar no bacharelato unificado e polivalente do 15 ó 30 de xuño e do 1 ó 15 de setembro (Orde do 20 de xuño

de 1975, BOE do 28) e para a formación profesional de segundo grao do 15 de xuño ó 15 de xullo e do 1 ó 30 de setembro (Orde do 28 de xaneiro de 1985, DOG do 15 de febreiro).

Oitavo.

1. Durante o mes de xuño, as direccións dos centros de ensinanzas de réxime especial poderán adapta-los horarios dos profesores ás necesidades específicas de cada centro. Tal adaptación non poderá supor variación do número global de horas semanais de permanencia no centro previsto nos horarios lectivos de cada profesor.

2. As escolas de artes aplicadas e oficios artísticos non rematarán as actividades docentes antes do día 30 de maio. As probas de suficiencia terán lugar entre os días 1 e 5 de xuño. Os exames libres e, eventualmente, as probas de reválida correspondentes ó plan de estudios de 1963, realizaranse a partir do día 10 de xuño.

3. As escolas oficiais de idiomas manterán as actividades docentes ata o día 30 de maio; realizarán as probas finais ós alumnos oficiais entre os días 1 e 5 de xuño. As probas para alumnos libres dos ciclos elemental e superior terán lugar a partir do día 8 de xuño. As probas de nivel de coñecemento do idioma celebraranse do 15 ó 30 de xuño.

4. Os conservatorios de música e os conservatorios de danza manterán as actividades lectivas ata o día 30 de maio. A avaliación conxunta dos alumnos do plan de estudios LOXSE realizarase entre os días 1 e 5 de xuño. Os exames correspondentes a plans de estudios anteriores á LOXSE terán lugar entre os días 8 e 12 de xuño. Os exames libres celebraranse entre o 15 e o 19 de xuño. A proba de acceso ó grao medio LOXSE realizarase entre o 22 e o 30 de xuño.

Noveno.

Os directores dos institutos de secundaria enviarán ó Servicio Provincial de Inspección respectivo, antes do día 10 de xullo, a memoria anual do centro a que se refire o punto 43 das instruccións que regulan a organización e funcionamento dos institutos de educación secundaria, aprobadas pola Orde do 2 de agosto de 1997 (DOG do 1 de setembro). Os equipos directivos dos restantes centros ós que se refire o punto primeiro desta resolución, en aplicación da disposición transitoria primeira da citada Orde do 2 de agosto de 1997, elaborarán ó longo do mes de xuño, logo do informe dos respectivos claustros, unha memoria que recolla o grao de consecución dos obxectivos fixados na programación xeral anual, as dificultades atopadas e as medidas correctoras introducidas, se é o caso. A devandita memoria con informe do consello escolar do centro enviarase ó Servicio Provincial de Inspección na primeira semana de xullo e terase en conta á hora de elabora-la programación do curso seguinte sobre

todo para programar novamente obxectivos non acadados ou acadados parcialmente no curso anterior e artellar novos medios para logralos.

Décimo.

Os centros deberán observa-las normas fixadas no Decreto 89/1993, do 19 de abril (DOG do 2) polo que se regula a autorización de libros de texto e outros materiais curriculares para as ensinanzas de réxime xeral, e mais no artigo 8.2º do Decreto 247/1995, do 14 de setembro (DOG do 15-9-1995), polo que se desenvolve a Lei 3/1983, de normalización lingüística, para a súa aplicación ó ensino en lingua galega nas ensinanzas de réxime xeral impartidas nos diferentes niveis non universitarios, que establece que os materiais que se empreguen nas áreas ou materias que se deben impartir na lingua propia de Galicia terán que estar normalmente en galego. Para tal efecto expoñerán no taboleiro na primeira quincena de xuño a relación de libros e material didáctico impreso que se utilizará no curso 1998/1999. Unha copia da dita relación será enviada ó Servicio Provincial da Inspección Educativa antes do día 24 de xuño. Así mesmo observarase a prohibición da venda e/ou distribución de libros e mate

rial didáctico nos centros tanto por persoal seu, como por persoas alleas a el.

Undécimo.

Os secretarios dos centros deberán remitir á delegación provincial correspondente fotocopias autenticadas das actas de avaliación final de tódolos cursos do seu centro e dos centros privados adscritos, a excepción dos determinados no punto seguinte desta resolución antes do día 15 de xullo de 1998.

Duodécimo.

As actas correspondentes ós cursos de bacharelato LOXSE enviaranse antes do 15 de setembro, xunto co informe previsto no artigo 15.6º da Orde do 2 de marzo de 1995 (DOG do 9 de maio) pola que se regula a avaliación e cualificación dos alumnos que cursan o bacharelato.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 1998.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

ANEXO I

RESUMO DO CALENDARIO DE ACTIVIDADES DO MES DE XUÑO. CURSO 1997-98

O director do IB/IFP/IESP/IES

pon no seu coñecemento que o calendario de actividades docentes programadas para o final do curso aprobado polo claustro recolle o seguinte:

Para a ESO

O último día de clases será o

As datas de avaliación final serán doó

Para o bacharelato LOXSE (1º curso)

O último día de clases será o

As datas de avaliación final será doó

Para o BUP

O último día de clases será o

As datas de avaliación conxunta serán doó

As datas de probas de suficiencia serán doó

As datas das probas para alumnos libres serán doóNº alumnos libre

As datas de avaliación final serán doó

Para COU/2º bacharelato LOXSE

O último día de clases será o

As datas de avaliación final serán doó

Para FP

O último día de clases será o

As datas de avaliación conxunta serán doó

As datas de probas de recuperación serán doó

As datas das probas para alumnos libres serán doóNº alumnos libre

As datas de avaliación final serán doó

, de de 1998

O director

Vº e prace

O inspector

Inspector/a de Educación

ANEXO II

RESUMO DO CALENDARIO DE ACTIVIDADES DO MES DE XUÑO. CURSO 1997-98

O director/a da Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos

pon no seu coñecemento que o calendario de actividades docentes programadas para o final do curso aprobado polo claustro de profesores recolle o seguinte:

O último día de clase será o

As datas de avaliación final serán doó

As probas de suficiencia realizaranse doó

As probas para os alumnos libres serán doó

As probas de reválida correspondentes ó

plan de estudios de 1963 (cando se

impartan especialidades deste plan)

realizaranse entre os días

, de de 1998

O director

Vº e prace

O inspector

Inspector/a de Educación

ANEXO III

RESUMO DO CALENDARIO DE ACTIVIDADES DO MES DE XUÑO. CURSO 1997-98

O director/a da Escola Oficial de Idiomas

pon no seu coñecemento que o calendario de actividades docentes programadas para o final do curso aprobado polo claustro de profesores recolle o seguinte:

O último día de clase será o

As probas finais para os alumnos oficiais serán o día

As probas para os alumnos libres do ciclo elemental

celebraranse do

As probas para os alumnos libres do ciclo superior

celebraranse doó

, de de 1998

O director

Vº e prace

O inspector

Inspector/a de Educación

ANEXO IV

RESUMO DO CALENDARIO DE ACTIVIDADES DO MES DE XUÑO. CURSO 1997-98

O director/a do Conservatorio de Música/Conservatorio de Danza

pon no seu coñecemento que o calendario de actividades docentes programadas para o final do curso aprobado polo claustro recolle o seguinte:

O último día de clase será o

A avaliación conxunta do alumnos LOXSE ralizarase doó

Os exames de plans de estudios anteriores á LOXSE celebraranse doó

Os exames libres realizaranse doó

A proba de acceso ó grao medio LOXSE realizarase doó

, de de 1998

O director

Vº e prace

O inspector

Inspector/a de Educación

2708