Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 03 de abril de 1998 Páx. 3.487

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 1998 pola que se declara a procedencia do reintegro da subvención concedida ó abeiro da Orde do 7 de abril de 1993 a Vigoprint, S.L.

Entidade: Vigoprint, S.L.

Enderezo: Ramiro Pascual, 18.

Localidade: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Código: 36213.

Expediente: DIP PO9317.

Consellería: Industria e Comercio.

Gasto subvencionable: 30.500.000 ptas.

Porcentaxe de subvención: 17%.

Subvención concedida: 30.500.000 ptas.

Finalidade: innovación tecnolóxica. Adquisición de maquinaria para actividade editorial.

Reintegro esixido: 30.500.000 ptas máis os xuros de demora.

Visto o informe da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, sobre o control financeiro da subvención concedida ó abeiro da Orde do 7 de abril de 1993, á entidade de referencia para a adquisición de maquinaria para actividade editorial.

Mediante resolución da Consellería de Industria e Comercio, do 20 de maio de 1997, iníciase expediente de reintegro da subvención, polo importe de 30.500.000 ptas. (treinta millóns cincocentas mil pesetas) no que se aprecia incumprimento, de conformidade co disposto no Art. 78.5º da Lei 11/1992 do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Transcorrido o prazo dado á entidade mercantil para que tomase vista do expediente, e presentase as alegacións ou as xustificacións que estimase pertinentes, sen que se recibise ningunha nova, esta consellería, de conformidade co disposto nos artigos 78 e 79 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, en uso das atribucións que ten conferidas e por proposta da Dirección Xeral de Industria,

RESOLVE:

Declara-la procedencia do reintegro da cantidade correspondente ó incumprimento da Orde do 7 de abril de 1993 (30.500.000 ptas.) e traslada-lo expediente á Dirección Xeral de Tributos.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer, se é o caso, recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa noti

ficación, logo da comunicación a esta consellería esixida no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e sen prexuízo de que os interesados poidan exercitar calquera outro que estimen oportuno.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 1998.

P.D. (Orde 18-5-1994, DOG 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio

2534