Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 03 de abril de 1998 Páx. 3.487

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 4939 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Maderas Manuel Villamor.

Domicilio social: r/ Estrada A Coruña km 506 Lugo.

Denominación: instalación de coxeración de enerxía eléctrica en industria forestal.

Situación: r/ Avenida da Coruña nº 126 Lugo.

Descricións técnicas: anteproxecto: central de coxeración, 4 motores combustión interna e 4 xeradores de 1250 kW. Combustible: gasóleo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 5 de marzo de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

2627