Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 01 de abril de 1998 Páx. 3.358

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 1998 pola que se anuncia concurso, con procedemento aberto, para o mantemento da calefacción e aire acondicionado dos edificios da Domus e Palacete.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministracións e Compras.

b) Número de expediente: M98/4.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: mantemento da calefacción e aire acondicionado. b) Lugar de execución: edificios da Domus e Palacete. c) Prazo de execución: un ano, prorrogándose tacitamente en sucesivas anualidades ata un máximo de seis.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 2.100.000 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 42.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario

Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego e cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

d) Prazo durante o que o llcitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): anual.

e) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de ofertas. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido deles («Oferta económica» e «Documentación administrativa») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para o mantemento da calefacción e aire acondicionado dos edificios da Domus e Palcete (M98/4)».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 20 de marzo de 1998.

O alcalde

P.D.

Rubricado

2283