I. Obxecto e orzamento: subministración sucesiva de material de imprenta, por un importe máximo de 28.422.517 ptas. (IVE incluído).
II. Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 8 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
III. Solvencia técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 8 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
IV. Prazo de execución: ver apartado 4.2 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
V. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.
VI. Garantías: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.
VII. Admisión de variantes: non se admiten.
VIII. Criterios de adxudicación: ver apartado 7 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
IX. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 10.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
X. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de con
tratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais no edificio administrativo San Caetano (ático ala norte), a partir das 9.30 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.
XI. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
XII. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 23 de marzo de 1998.
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral da División de Recursos
Económicos
2787