Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 01 de abril de 1998 Páx. 3.346

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente In407A 96/68-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Lácteas del Atlántico, S.A. (Enerlasa).

Enderezo social: Saiar-Soutelo, 36650 Caldas de Reis.

Denominación: central de coxeración en Saiar-Soutelo.

Situación: Caldas de Reis.

Descricións técnicas: 2 grupos motoxeradores cunha potencia unitaria de 1.696 kW. 2 transformadores de 2.250 kVA cada un. 1 transformador auxiliar de 400 kVA. Paramenta e equipo de control, regulación, protección e acoplamento. 1 caldeira recuperación da calor de 4.000 kg/h. 1 equipo absorción. Equipo de subministración de gas. En Saiar-Soutelo, Concello de Caldas de Reis.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 4 de marzo de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

2430