Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 01 de abril de 1998 Páx. 3.346

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/18-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: retranqueo L.M.T. O Casal, 25.

Situación: Culleredo.

Características técnicas: modificación de liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoio metálico e con conductor LA-56, de 93 m de lonxitude, con orixe na liña Sigrás-Sésamo, tramo Sigrás-Celas, fronte a C.T. Sésamo e final en apoio número 2 a liña Sigrás-Celas, Culleredo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 4 de marzo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

2453