Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 01 de abril de 1998 Páx. 3.272

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 18 de marzo de 1998 pola que se nomean vocais en representación da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria no Consello de Dirección do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia.

De conformidade co disposto na Lei 7/1994, do 29 de decembro, creadora do ILGG, son órganos de dirección deste o seu presidente, o director e

o consello de dirección, do que forman parte cinco vocais que serán nomeados e destituídos polo conselleiro que presida o instituto.

O Decreto 128/1996, do 14 de marzo, que desenvolve a Lei do ILGG, establece no seu artigo 9 que dos vocais do consello de dirección, un será representante da Consellería de Economía e Facenda e os catro restantes da Consellería de Agricultura, «designados entre persoas de recoñecido prestixio no sector lácteo-gandeiro e altos cargos ou funcionarios da Administración autonómica».

O conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, en exercicio da súa competencia, a través das ordes do 12 de novembro de 1996 e do 31 de marzo de 1997, nomeou como vocais do devandito consello de dirección a persoas que daquela ocupaban determinados cargos directivos na consellería.

Como consecuencia dos decretos 347/1997 e 351/1997, do 9 e 10 de decembro respectivamente, polos que se aproba a nova estructura orgánica da Xunta de Galicia e dos seus departamentos, así como do Decreto 25/1998, do 22 de xaneiro, que fixa a estructura orgánica e funcional da nova Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria á que quedou adscrita o ILGG, procede pola súa vez dictar unha orde pola que cesen os actuais vocais do consello de dirección do ILGG, nomeados en representación da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e se nomean outros no seu lugar.

1. Por todo o cal, despois de efectua-los trámites oportunos, en virtude da competencia que me atribúe o artigo 4.4º da Lei 7/1994, do 29 de decembro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Que cesen as persoas que a continuación se relacionan como vocais do consello de dirección do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia, agradecéndolles os servicios prestados:

José Ramón Molinero Senovilla.

José Luís Díez Díez.

María Lourdes Batán Aira.

Manuel Díaz Cano.

Artigo 2º

Nomear, como vocais do consello de dirección do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia, en representación da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria a:

O delegado provincial de Lugo, José Ramón Molinero Senovilla.

O subdirector xeral do ILGG, José Luis Díez Díez.

A xefa do Servicio Técnico-Xurídico, María Elena Barca Ramos.

O subdirector xeral de Sanidade e Producción Animal, Miguel Fernández Rodríguez.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 1998.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

2809