Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 31 de marzo de 1998 Páx. 3.264

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión de Goberno deste concello o prego de cláusulas administratvias que rexe

rán no concurso, con procedemento aberto, trámite ordinario, para a contratación das obras comprendidas no estudio técnico de Infravivenda Rural 1997, exponse ó público durante o prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP para que se poidan presentar alegacións.

Asemede anúnciase o concurso, aprazándose a licitación se se producisen reclamacións ó prego.

Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Poio.

b) Dependencia: Secretaría.

Obxecto do contrato:

a) Descrición: a contratación da execución das obras inlcuídas no estudio técnico de Infravivenda Rual 1997.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

Tipo de licitación: fíxase na cantidade de 11.753.905 ptas.

Duración do contrato: seis meses.

Garantías: provisional polo importe do 2% do importe do tipo e definitiva do 4%.

Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Poio: Servicio de Contratación. Domicilio: Praza do Mosteiro, 1. Poio, teléfono 77 00 38, fax: 77 12 77.

b) Data límite para obtención de documentos e información: día anterior ó de remate de presentación de ofertas.

Presentación de proposicións: no rexistro xeral do concello, de 9 a 14 horas, durante o prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.

Apertura de proposicións: pola mesa de contratación, no salón de sesións da casa do concello, ás 13.30 horas do día seguinte hábil, que non cadre en sábado, ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula 10ª do prego.

Poio, 2 de marzo de 1998.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde