Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 31 de marzo de 1998 Páx. 3.263

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 1998, da Xerencia do Hospital da Costa de Burela, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, do servicio de mantemento preventivo e correctivo dos ascensores do Hospital da Costa (C.P. 1/1998).

A Dirección Xerencia do Hospital da Costa de Burela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (Diario Oficial de Galicia nº 111, do 6 de xuño), convoca expediente de contratación polo sistema de concurso público e procedemento aberto:

* C.P. 1/1998, servicio de mantemento preventivo e correctivo dos ascensores do Hospital da Costa. Orzamento: 5.300.000 (cinco millóns trescentas mil ptas.), IVE incluído.

I. Prazo de execución: desde o asinamento do contrato ata o 31-12-1998 con posibilidade de prórroga por anos naturais.

II. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministracións do Hospital da Costa, teléfono (982) 58 98 57 e Fax (982) 58 98 58, durante o prazo de admisión de proposicións.

III. Admisión de variantes: consideraranse as proposicións que respectando o obxecto do contrato e

o orzamento máximo autorizado, melloren as esixencias técnicas previas.

IV. Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante o previsto no artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio.

V. Solvencia técnica: acreditarase mediante o previsto no artigo 19 da Lei 13/1995, do 18 de maio.

VI. Criterios de adxudicación:

Valoración económica: ata 5 puntos.

Servicio técnico: ata 5 puntos.

Melloras adicionais: ata 2 puntos.

VII. Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación. A dita fianza constituirase segundo o disposto no artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

VIII. Clasificación: non se esixe.

IX. Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Hospital da Costa de Burela antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó Hospital da Costa a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

X. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital da Costa ás 11 horas do undécimo día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

XI. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

XII. Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta dos adxudicatarios do contrato.

Burela, 27 de febreiro de 1998.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Hospital da Costa de Burela

2282