Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 1998 Páx. 3.184

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA DE PONTEVEDRA

CONVOCATORIA de asemblea xeral ordinaria.

De conformidade co disposto estatutariamente, e por acordo do Consello de Administración, convócase asemblea xeral ordinaria da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra para o día vintedous de abril de mil novecentos noventa e oito, que se vai celebrar no auditorio, situado no edificio social da entidade, na rúa Augusto González Besada, 2 e 4 de Pontevedra (acceso polo Polígono de Campolongo ou rúa San Xosé), ás dezaoito horas na primeira convocatoria e, de non reunirse o quórum necesario, en segunda convocatoria no mesmo día e en igual lugar ás dezaoito trinta horas, para trata-los asuntos comprendidos na seguinte:

Orde do día:

1. Confección da relación de asistentes para a determinación do quórum e subseguinte constitución válida da asemblea.

2. Apertura da reunión pola presidencia.

3. Exame e aprobación, se é o caso, do informe da xestión do Consello de Administración, memoria, balance anual e conta de resultados do exercicio 1997, así como da proposta de aplicación destes para os fins da entidade. Informe de auditores.

4. Aprobación, se procede, da xestión da comsión Delegada de Obras Sociais durante o exercicio de 1997, así como do orzamento para 1998.

5. Informe da comisión de control sobre a súa actuación en 1997.

6. Emisión de cotas participativas, obrigas subordinadas, cédulas hipotecarias, bonos de tesourería ou calquera outro título financeiro de renda fixa.

7. Rogos e preguntas.

8. Acordo sobre aprobación da acta da sesión.

Con quince días de antelación ó da data da asamblea, os conselleiros xerais terán á súa disposición, na Secretaría Técnica da entidade, toda a documentación necesaria para a análise dos puntos que contén a orde do día establecida.

Pontevedra, 20 de marzo de 1998.

Manuel Campos Villarino

Presidente do Consello de Administración