Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 1998 Páx. 3.183

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO MUNICIPAL DOS DEPORTES DE VIGO

ANUNCIO da contratación, por concurso aberto, da suministración de vestiario para o persoal do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Instituto Municipal dos Deportes de Vigo. Dependencia: Administración.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración por lotes de vestiario para ó persoal.

Unidades que se van entregar: véxase condicións técnicas.

Lotes:

Lote 1: 42 chaquetóns de traballo.

Lote 2: 66 chándales, 84 suadoiros e 87 polos.

Lote 3: 82 pares de zapatillas deportivas.

Lote 4: 35 conxuntos de chaqueta e pantalón, 35 camisas, 19 pares de botas, 4 pares de zapatillas,

2 pares de zocos, 4 bastas para limpieza e 2 pares de cauchos.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo: un mes para as pezas de roupa que precisen toma de tallas e 15 días para o resto, contados desde o día da notificación da adxudicación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base:

Lote 1: 400.000 ptas.

Lote 2: 1.485.000 ptas.

Lote 3: 515.000 ptas.

Lote 4: 300.000 ptas.

5. Garantías: provisional: 2% do tipo de licitación do lote polo que presente oferta.

Definitiva: 4% do tipo de licitación do lote que resulte adxudicatario.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei s/n, 36202 Vigo, teléfono (986) 81 01 00, fax: (986) 81 01 92.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acreditar solvencia económica, financeira e técnica en cualquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas: prazo: 26 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra ou no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula XI do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obliga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase putno 6 do anuncio.

Data: as dez horas do día seguinte hábil a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, na oficina administrativa do Instituto Municipal dos Deportes.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula XIX do prego de condicións.

11. Gastos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 18 de marzo de 1998.

José Manuel Figueroa Vila

Presidente do Consello de Administración

do Instituto Municipal dos Deportes

2629