Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 1998 Páx. 3.181

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Acordo da Comisión de Goberno en sesión celebrada o día 25 de febreiro de 1998, polo que se aproba a contratación por concurso, da obra de iluminación pública na parroquia de Meilán, 2ª fase, (lugares de Tolda da Coruña, Distriz, Milleiros, A Rubiana e Garabolos).

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto:

A execución da obra antes sinalada.

d) Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 20.570.493 ptas.

5. Garantías.

Provisional: o 2% sobre o orzamento de licitación.

Definitiva: o 4% sobre o orzamento de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación.

b) Domicilio: Quiroga Ballesteros, s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Teléfono: 29 71 43.

e) Telefax: 29 71 03.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría d.

b) Outros requisitos: os sinalados nos pregos.

8. Presentación das ofertas ou das solicutdes de participación.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados desde o seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada nos pregos de condicións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, oficina de rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Praza Maior, 1.

3ª Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores consideren convenientes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Praza Maior,1.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o terceiro día hábil, agás sábado posterior ó prazo de remate das proposicións. O dito prazo ampliarase ata o décimo primeiro día no suposto de recibirse regulamentariamente aviso de presentación de proposicións por correo.

10. Outras informacións.

As que se recollen nos pregos de condicións e no teléfono indicado no apartado 6-D.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 3 de marzo de 1998.

Joaquín Mª García Díez

Alcalde

José A. Mourelle Cillero

Vicesecretario habilitado

2281