Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 1998 Páx. 3.180

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o 29 de xaneiro de 1998 acordou, entre outros, aprobar definitivamente o Plan Especial de Reforma Interior e Rehabilitación do Barrio de Argüelles, sendo o texto íntegro do acordo o seguinte:

O Plan Especial de Reforma Interior e Rehabilitación do Barrio de Argüelles foi aprobado inicialmente polo Concello Pleno en sesión do 28 de febreiro de 1997, sendo sometido a información pública mediante os correspondentes anuncios publicados en El Ideal Gallego do 20 de marzo de 1997 e o DOG número 82 do 30 de abril de 1997 e estivo exposto no taboleiro de anuncios ata o 2 de xuño de 1997. Durante o período de información pública presentou unha alegación Mario Rodríguez Corbeira. Considerando o informe do equipo redactor do plan especial que conclúe que a alegación presentada por Mario Rodríguez Corbeira pode estimarse parcialmente en canto ó mantemento do volume do edificio anexo, sempre que se proceda á súa rehabilitación no conxunto co edificio principal e co mesmo nivel de esixencia. O documento foi sometido a informe preceptivo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda segundo o establecido no artigo 42.5º da Lei 1/1997, do 24 de

marzo, do solo de Galicia. Remitido informe con data do 18 de decembro de 1997 e dado que nel non constan obxeccións para a aprobación definitiva do documento. Tendo en conta o informe da Xerencia de Urbanismo onde se explica que o documento cumpre co artigo 43 da normativa do plan xeral e coas determinacións establecidas nos artigos 83 e 84 do Regulamento de planeamento e que xa se resolveron as observacións que constaban no punto terceiro do informe do Servicio Provincial de Urbanismo. A Comisión Informativa de Urbanismo e Infraestructuras, na súa sesión do 22 de xaneiro de 1998, en votación ordinaria e por unanimidade, acordou estimar oportuno propoñerlle ó Pleno a aprobación dos seguintes acordos:

Primeiro.-Estimar parcialmente a alegación presentada por Mario Rodríguez Corbeira no sentido de mante-lo volume do edificio anexo, sempre que se proceda á súa rehabilitación no conxunto co edificio principal e co mesmo nivel de esixencia.

Segundo.-Considerar validada a solicitude a temporal de informe previo á aprobación inicial do presente Plan Especial de Reforma Interior.

Terceiro.-Aprobar definitivamente o Plan Especial de Reforma Interior e Rehabilitación do Barrio de Argüelles coa modificación que resulta da estimación da alegación presentada por Mario Rodríguez Corbeira e proceder á publicación regulamentaria do plan especial.

Cuarto.-Publica-la aprobación definitiva no DOG.

Ferrol, 22 de xaneiro de 1998.

O presidente da Comisión Informativa de Urbanismo e Infraestructuras.

Asinado e lexible

O que se fai público para xeral coñecemento, podendo interpoñerse contra a aprobación definitiva, logo da comunicación ó órgano municipal que a adoptou, recurso contencioso-administrativo perante a Sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto no DOG, sen prexuízo de calquera outro que estime conveniente.

Ferrol, 9 de febreiro de 1998.

Juan Blanco Rouco

Alcalde

2619