Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 1998 Páx. 3.179

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ALLARIZ

EDICTO.

O Pleno do Concello de Allariz, en sesión celebrada o día 3-12-1997, aprobou definitivamente o proxecto de compensación correspondente ó plan parcial número 5 do solo apto para urbanizar para usos residenciais, que na súa parte dispositiva establece:

Primeiro.-Aprobar con carácter definitivo o proxecto de compensación do plan parcial número 5, do solo apto para urbanizar de carácter residencial asinado polo arquitecto Juan Carlos Portela Regodeseves.

Tendo en conta que a totalidade dos terreos incluídos no sector pertenecen a un só propietario, Gonzalo Quintas González, non é necesaria, polo tanto, a constitución da xunta de compensación (artigo 133.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e 157.3º do Regulamento de xestión urbanística RXU, aprobado por Real decreto 3288/1998, do 25 de agosto).

Segundo.-Faculta-lo alcalde, tan amplamente como en dereito proceda, para que no nome do concello outorgue escritura pública ou expida documento coas solemnidades e requisitos dispostos para as actas dos acordos, co contido expresado no artigo 113.1º RXU, así como para prectica-las opreacións xurídicas complementarias que sexan do caso.

Recursos: contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderá interporse recurso con

tencioso-administrativo, perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza desta Comunidade Autónoma, durante o prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da notificación do presente escrito; e neste caso, deberá comuncarllo, previamente e por escrito, ó órgano que adoptou o acordo, segundo dispón o artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para a súa acreditación perante a autoridade xurisdiccional antes citada, advertíndolle que tamén poderá utilizar calquera outro recurso que estime pertinente e exerce-las accións que procedan perante a xurisdicción competente.

Allariz, 23 de febreiro de 1997.

O alcalde

Rubricado

2224