Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 1998 Páx. 3.176

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CAPELA

ANUNCIO de licitación.

De conformidade co disposto no artigo 79 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, anúnciase licitación e contratación polo sistema de concurso con procedemento aberto e trámite ordinario das obras incluídas no Plan 2000 de infraestructuras, anualidade 1998, e Plan de acción especial 1998.

Entidad adxudicadora.

Organismo: Concello da Capela.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

Obxecto do contrato.

É a execución das seguintes obras:

Plan 2000 de infraestructuras, anualidade 1998.

Sumidoiros na Graña.

Plan de acción especial 1998.

Pav. r/ Cabalar-Sande.

Pav. r/ Xasén, Seixo e Vilariño.

Duración do contrato.

Obra incluída no Plan 2000 de infraestructuras, anualidade de 1998: tres meses.

Obras incluídas no Plan de acción especial 1998: dous meses.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento de licitación.

Sumidoiros na Graña: 10.085.659 ptas.

Pav. r/ Cabalar-Sande: 7.000.000 de ptas.

Pav. r/ Xasén, Seixo, Vilariño: 5.694.343 ptas.

Garantías.

Provisional: 2% do importe de licitación.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Requisitos específicos do contratista.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Presentación de ofertas.

Data límite de presentación: dentro dos 26 días naturais seguintes á derradeira inserción deste anuncio no DOG ou BOP.

Documentación que hai que presentar.

A prevista nos pregos-tipo de cláusulas administrativas particulares aprobadas pola deputación provincial o vintesete de maio de mil novecientos noventa e seis, así como a súa modificación puntual do vinteoito de novembro de mil novecvientos noventa e seis, (publicadas no BOP número 123, do 30 de maio, e número 282, do 9 de decembro).

Gastos dos anuncios.

Tódolos gastos orixinados pola publicación dos anuncios de licitación e contratación serán por conta do contratista adxudicatario.

A Capela, 3 de marzo de 1998.

Angel López Sueiro.

Alcalde presidente

2678