Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 1998 Páx. 3.176

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 1998 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto, para a adxudicación da obra que se cita. (Expediente 402/1998).

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Nº do expediente: 402/1998.

2. Obxecto do contrato: a) Descrición do obxecto: marquesiña para parada de autobuses no Campus das Lagoas-Marcosende en Vigo. b) Lugar de execución: Vigo. c) Prazo de execución: corenta e cinco días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 14.457.637 ptas.

5. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Domicilio: r/ Areal, 46-2ª planta. c) Localidade e código postal: Vigo, 36201. d) Teléfono: (986) 81 35 56. e) Telefax: (986) 81 35 54. f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

6. Requisitos específicos do contratista: a)... b) Outros requisitos: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: 1ª) Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. 2ª) Domicilio: r) Areal, 46-planta baixa. 3ª) Localidade e código postal: Vigo, 36201. d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses. e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas: a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo. b) Domicilio: r/ Areal, 46-1ª planta. c) Localidade e código postal: Vigo, 36201. d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas. e) Hora: 13 horas.

9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 20 de marzo de 1998.

P.D. (Resolución 18-10-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía da Universidade de Vigo

2164