Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 1998 Páx. 3.109

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 96/1998, do 20 de marzo, polo que se modifican os estatutos da sociedade Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.

Trala publicación do Decreto 351/1997, do 10 de decembro, polo que se fixa a estructura orgánica da Xunta de Galicia e do Decreto 8/1998, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a estructura orgánica da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, é preciso modifica-los estatutos da sociedade Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A., para o cal e de conformidade co disposto nos artigos 47 e seguintes da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma e no artigo 111 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento que a desenvolve, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de marzo de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo único.-O artigo 16 dos estatutos da sociedade Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A., aprobados polo Decreto 58/1997, do 20 de febreiro, queda redactado nos seguintes termos:

Artigo 16º.-O Consello de Administración.

1. O Consello de Administración estará integrado por un número de conselleiros que non será inferior a tres nin superior a sete.

2. Será presidente do Consello de Administración o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia.

3. A elección de conselleiros que debe compoñe-lo consello en cada momento, dentro sempre do mínimo e do máximo a que se refire este artigo, correspóndelle á Xunta Xeral de Accionistas.

4. O Secretario do Consello de Administración será elixido polo consello, por proposta do presidente, e deberá de ser licenciado en dereito. En ausencia del, asumirá as súas funcións o conselleiro de menor idade.

Dieposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da sua publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte de marzo de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

2624