Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 1998 Páx. 3.100

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONDARIZ

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, en sesión do 27 de febreiro de 1998, o proxecto urbanístico de ordenación do medio rural deste municipio, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal poderá ser examinado nas oficinas municipais e formularse cantas alegacións e reclamacións se estimen pertinentes.

Conforme o disposto no artigo 34.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, queda suspendido o outorgamento de licencias nos solos clasificados como núcleos rurais tradicionais, solo urbano de Vilasobroso e no solo urbano de Mondariz cualificado de residencial entre medianís, nos que as novas

determinacións supoñan modificacións do réxime urbanístico vixente.

Mondariz, 10 de marzo de 1998.

O alcalde

Rubricado

2064