Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 1998 Páx. 3.100

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELIDE

ANUNCIO.

O concello, por acordo adoptado en sesión plenaria o día 25 do actual, aprobou definitivamente o plan parcial do sector 11 das NNSS de Melide, onde se situará o novo Instituo de ESO, despois de desestima-las alegacións presentadas e recoller na documentación inherente, redactada para o efecto polo arquitecto superior Alfredo Garrote Pazos, as observacións formuladas pola Delegación Provincial-Servicio de Urbanismo, no seu informe do 4 do actual, que consta no expediente.

O que se somete a información pública en cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Faise saber que este acordo esgota a vía administrativa, podendo interpoñer contra este recurso contencioso-administrativo perante a sala desta Xurisdición do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde esta publicación no BOP ou no DOG (último no que aparecese), en tal caso deberá comunicarse previamente por escrito, ante esta Alcaldía, de conformidade co establecido no artigo 110.3º da Lei 39/1992, do 26 de novembro, así como calquera outro que se considere procedente.

Melide, 2 de marzo de 1998.

Miguel R. Pampín Rúa.

Alcalde

2575