Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 1998 Páx. 3.099

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBADOS

EDICTO.

Aprobada inicialmente, polo Pleno da Corporación, a modificación do proxecto de urbanización de Montes Outeiros (Corbillón), dando cumprimento ó disposto polo artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, exponse ó público o expediente na secretaría do concello, polo prazo dun mes, podendo, durante o dito prazo, ser examinado e formulárense contra el as reclamacións ou observacións que se consideren pertinentes.

Cambados, 5 de marzo de 1998.

O alcalde

Rubricado

2109