Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 1998 Páx. 3.023

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1998, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se anuncian as vacantes para cubrir no concurso de traslados entre funcionarios do corpo de mestres, convocado por Orde do 25 de novembro de 1997 (DOG do 1 de decembro).

Para lle dar cumprimento ó establecido na disposición trixésimo cuarta das normas comúns das convocatorias previstas na Orde do 25 de novembro de 1997 (DOG do 1 de decembro), esta dirección xeral,

RESOLVE:

Anuncia-las vacantes recollidas na planificación escolar que serán cubertas no concurso de traslados que se cita e que figuran no anexo desta resolución.

Contra esta resolución cabe reclamación, no prazo de dez días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 1998.

Jaime García y García

Director xeral de Persoal

2695