Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 25 de marzo de 1998 Páx. 2.982

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1998, da Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se anuncia, por tramitación ordinaria, o concurso público plurianual 18/1998 para a adquisición de compresas e gasas cirúrxicas.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, do 22 de maio de 1996 (Diario Oficial de Galicia nº 111, do 6 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público plurianual:

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.

a) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións, Unidade de Contratación.

b) Número de expediente: CP 18/1998.

2. Obxecto da contratación.

a) Descrición do obxecto: compresas e gasas cirúrxicas.

b) División en lotes: as empresas licitantes poderán presentar oferta á totalidade da subministración ou a un ou máis lotes por separado.

Lote 1: compresas cirúrxicas sen contraste.

Lote 2: compresas cirúrxicas con contraste.

Lote 3: gasas cirúrxicas.

c) Lugar de entrega: ve-lo punto 1, dependencias do almacén xeral, sito no edificio anexo de administración, estrada San Pedro, s/n, en Ferrol.

d) Prazo de entrega: ve-la folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e modalidade de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Modalidade: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

18.036.750 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de licitación ou de cada lote (segundo a folla de especificacións do prego-tipo).

6. Obtención de documentación e información.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, estrada de San Pedro, s/n, 15405 Ferrol (A Coruña). Teléfono: (981) 33 40 32. Fax: (981) 33 40 84.

7. Requisitos específicos do contratista.

As solvencias económica, financeira e técnica acreditaranse por algún de entre os documentos sinalados nos anexos I e II do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo límite de presentación: antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no apartado 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: ve-lo punto 1, rexistro xeral.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admite a presentación de variantes.

9. Apertura das proposicións.

Será realizada en acto público pola mesa de contratación, na sala de xuntas do citado complexo hospitalario, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

10. Outras informacións.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos, non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data de terminación do prazo sinalado neste anuncio. Transcorridos, con todo, dez días naturais seguintes á indicada data sen ter recibido a mencionada proposición, esta non será admitida en ningún caso.

Os criterios que se seguirán para a adxudicación do contrato son os que se establecen no apartado 6 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de execución do contrato: desde o seu asinamento ata o 31 de decembro de 1999.

11. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios.

Ferrol, 2 de marzo de 1998.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol

2207