A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, do 22 de maio de 1996 (Diario Oficial de Galicia nº 111, do 6 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público:
1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.
a) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións, Unidade de Contratación.
b) Número de expediente: CP 10/1998.
2. Obxecto da contratación.
a) Descrición do obxecto: suturas mecánicas e fíos de sutura.
b) División en lotes: as empresas licitantes poderán presentar oferta á totalidade da subministración ou a un ou máis lotes por separado.
Lote 1: fíos catgut crómico.
Lote 2: fíos catgut simple.
Lote 3: mallas polipropileno.
Lote 4: suturas mecánicas circulares.
Lote 5: suturas mecánicas cortadoras.
Lote 6: suturas laparoscopia.
Lote 7: suturas mecánicas lineais.
Lote 8: suturas mecánicas pel.
Lote 9: fíos nailón.
Lote 10: fíos poliéster.
Lote 11: fíos poliglactín.
Lote 12: fíos seda.
c) Lugar de entrega: ve-lo punto 1, dependencias do almacén xeral, sito no edificio anexo de administración, estrada San Pedro, s/n, en Ferrol.
d) Prazo de entrega: ve-la folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
3. Tramitación, procedemento e modalidade de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Modalidade: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
10.162.661 pesetas.
5. Garantías.
Provisional: 2% do orzamento de licitación ou de cada lote (segundo a folla de especificacións do prego-tipo).
6. Obtención de documentación e información.
O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, estrada de San Pedro, s/n, 15405 Ferrol (A Coruña). Teléfono: (981) 33 40 32. Fax: (981) 33 40 84.
7. Requisitos específicos do contratista.
As solvencias económica, financeira e técnica acreditaranse por algún de entre os documentos sinalados nos anexos I e II do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Prazo límite de presentación: antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a especificada no apartado 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: ve-lo punto 1, rexistro xeral.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura de proposicións.
e) Admisión de variantes: non se admite a presentación de variantes.
9. Apertura das proposicións.
Será realizada en acto público pola mesa de contratación, na sala de xuntas do citado complexo hospitalario, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No
caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.
10. Outras informacións.
Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos, non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data de terminación do prazo sinalado neste anuncio. Transcorridos, con todo, dez días naturais seguintes á indicada data sen ter recibido a mencionada proposición, esta non será admitida en ningún caso.
Os criterios que se seguirán para a adxudicación do contrato son os que se establecen no apartado 6 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos de anuncios.
O importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios.
Ferrol, 2 de marzo de 1998.
Pedro Molina Coll
Director xerente do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol
2206