Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 25 de marzo de 1998 Páx. 2.968

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1998, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación anticipada, do expediente de gasto para a contratación da subministración do equipamento do centro de atención a persoas maiores de Antas de Ulla (Lugo).

-Obxecto: equipamento do centro de atención a persoas maiores de Antas de Ulla (Lugo).

-Orzamento: 15.165.922 ptas.

-Prazo de execución: 1 mes.

-Exposición de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e demais documentación poderán examinarse na Subdirección Xeral de Administración e Inspección, da Dirección Xeral de Servicios Sociais (edificio administrativo San Caetano, nº 8-Edificio Pirámide. Santiago de Compostela), en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas, durante o prazo de presentación de proposicións, ou nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

-Presentación de proposicións: deberán presentarse, no prazo de 26 días naturais contados a partir do seguinte o da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación en acto público na sala de xuntas da Dirección Xeral de Servicios Sociais a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte a aquel en que finalice o prazo de admisión de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

-Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 1998.

P.D. (Orde 22-5-1996)

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais

2128