Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 25 de marzo de 1998 Páx. 2.967

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se convoca o levantamento das actas previas á ocupación dos predios afectados polo proxecto de rede de distribución de gas natural para usos industriais en Santiago de Compostela, addenda II (tramo II).

Por resolución da Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, do 16 de xaneiro de 1998, foi aprobado o proxecto de execución e autorizada a instalación do proxecto de rede de distribución de gas natural para usos industriais en Santiago de Compostela, addenda II (tramo II). Declarada a utilidade pública e a urxente ocupación de conformidade co disposto no artigo 10 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, procede a iniciación do procedemento expropiatorio.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan nas casas dos concellos onde están localizados os predios afectados, como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que establece o citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas

á ocupación e, se procede, o das de ocupación definitiva.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, presentando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podéndose acompañar dos seus peritos e un notario, se o coidan oportuno, cos gastos á súa custa.

O levantamento terá lugar o vindeiro día 14 de abril en Santiago de Compostela, nas dependencias municipais do mercado de gando, rúa Cruceiro, da Coruña, nº 2-4, Salgueiriños.

Desta convocatoria daráselle traslado a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación individual, significándose que esta publicación se realiza, igualmente, para os efectos que determina o artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos casos de titular descoñecido, segundo se relaciona no anexo.

No expediente expropiatorio Enagas, S.A. asumirá a condición de beneficiaria.

A Coruña, 13 de marzo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Relación de titulares descoñecidos

Termo municipal de Santiago de Compostela.

AfecciónDat. Cata.

Predio nºTitularSE (m)SP (ml)OT (m)Pol.-Par.NaturezaDía/hora

C-SA-1032/1VDescoñecido7937.930Zona verde14-4/10.30
C-SA-1051/2VDescoñecido87050791Pasteiro14-4/10.30
C-SA-1051/5VDescoñecido1151.150507627-628Pasteiro14-4/10.30
C-SA-1075VDescoñecido085507660-661Pradería14-4/10.30
C-SA-1103/24VDescoñecido33028016Pradería14-4/10.30
C-SA-1103/35VDescoñecido0152653Horta14-4/10.30
C-SA-1103/37VDescoñecido0152655Horta14-4/10.30
C-SA-1103/38VDescoñecido0962656, 16Fronte de casa14-4/10.30
C-SA-1206VDescoñecido94033106Pasteiro14-4/10.30
C-SA-1207VDescoñecido1418133107Pradería14-4/10.30
C-SA-1241VDescoñecido65650188Horta14-4/10.30
C-SA-1257VBISDescoñecido32519170T. labor14-4/10.30
C-SA-1259V BISDescoñecido73019167T. labor14-4/10.30
C-SA-1262/2V BISDescoñecido01519182T. labor14-4/10.30
C-SA-1262/5VDescoñecido01519185Pradería14-4/10.30
C-SA-1262/9VDescoñecido03619188Pradería14-4/10.30
C-SA-1265/8VDescoñecido0165165373Pasteiro14-4/10.30
C-SA-1265/21VDescoñecido088165369Pasteiro14-4/10.30
C-SA-1265/19VDescoñecido035165217Pasteiro14-4/10.30
C-SA-1265/23VDescoñecido36365165256M. alto14-4/10.30
C-SA-1265/25V BISDescoñecido13125165259Pasteiro14-4/10.30
C-SA-1289/1V BISDescoñecido242401642Froiteiras14-4/10.30
C-SA-1290/1V BISDescoñecido101451646Pasteiro14-4/10.30
C-SA-1322VDescoñecido22145168440Pasteiro14-4/10.30
C-SA-1324VDescoñecido9100168441Pasteiro14-4/10.30
C-SA-1332VDescoñecido540168452Pradería14-4/10.30
C-SA-1333VDescoñecido1380168452Horta14-4/10.30
C-SA-1365VDescoñecido34180168527Horta14-4/10.30
C-SA-1380/31VDescoñecido990174114Pasteiro14-4/10.30

AfecciónDat. Cata.

Predio nºTitularSE (m)SP (ml)OT (m)Pol.-Par.NaturezaDía/hora

C-SA-1380/39VDescoñecido24230173141M. alto14-4/10.30
C-SA-1408VDescoñecido12120173365Horta14-4/10.30
C-SA-1408/5VDescoñecido23230173376Xardín14-4/10.30
C-SA-1408/2VDescoñecido2100173365Pasteiro14-4/10.30
C-SA-1153/3VDescoñecido2020035121Pasteiro14-4/10.30
C-SA-1153/3-1VDescoñecido1111035121Pasteiro14-4/10.30
C-SA-1153/3-2VDescoñecido44035120Pasteiro14-4/10.30
C-SA-1153/3-3VDescoñecido55035119Pasteiro14-4/10.30
C-SA-1153/3-4VDescoñecido66035118Pasteiro14-4/10.30
C-SA-1153/3-5VDescoñecido66035117Pasteiro14-4/10.30
C-SA-1153/3-6VDescoñecido66035116Pasteiro14-4/10.30
C-SA-1153/3-7VDescoñecido88035115Pasteiro14-4/10.30
C-SA-1153/3-8VDescoñecido66035114Pasteiro14-4/10.30
C-SA-1153/3-9VDescoñecido99035113Pasteiro14-4/10.30
C-SA-1153/3-10VDescoñecido1313035112Pasteiro14-4/10.30
C-SA-1258VDescoñecido73019168Horta14-4/10.30
C-SA-1325VDescoñecido040168434Pasteiro14-4/10.30
C-SA-1380/33VDescoñecido34330174112Pasteiro14-4/10.30
C-SA-1103/34VDescoñecido0902652Acceso predio14-4/10.30
C-SA-1153VDescoñecido8610335128, 142Pasteiro14-4/10.30
C-SA-1174VDescoñecido353503310Pradería14-4/10.30
C-SA-1200VDescoñecido191903384, 86Horta14-4/10.30
C-SA-1230VDescoñecido0501878Pradería14-4/10.30
C-SA-1326VDescoñecido045168433Pradería14-4/10.30
C-SA-1354VDescoñecido330168515Horta14-4/10.30
C-SA-1350VDescoñecido440168511Horta14-4/10.30
C-SA-1380/58VDescoñecido660173180Xardín14-4/10.30

Abreviaturas utilizadas: SE-expropiación en dominio, SP-servidume de paso, OT-ocupación temporal.

2241