Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 25 de marzo de 1998 Páx. 2.933

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 13 de marzo de 1998 pola que se fai público o nomeamento dos vocais do Consello do Servicio para a Promoción da Igualdade do Home e da Muller en representación das consellerías da Xunta de Galicia.

En virtude do disposto no artigo 5 da Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, cada consellería do Goberno de Galicia nomeará como vocal do consello do devandito servicio un representante dela coa categoría de director xeral.

Realizado o nomeamento por cada unha das consellerías, en cumprimento do establecido na referida lei, cómpre facelo público procedendo á súa publicación, tendo en conta a nova estructura orgánica da Xunta de Galicia, aprobada polo Decreto 347/97, do 9 de decembro:

-Alfonso Vaquero Marín, director xeral de Relacións Institucionais, en representación da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-María Casais Mira, directora xeral de Tributos, en representación da Consellería de Economía e Facenda.

-José Antonio Redondo López, director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, en representación da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

-José Luis Mira Lema, director xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, en representación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

-Manuel Barreiro Barbeito, secretario xeral, en representación da Consellería de Industria e Comercio.

-José Mariano Pérez Fernández, director xeral de Desenvolvemento Rural, en representación da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

-Homero José Mª Pérez Quintana, director xeral de Promoción Cultural, en representación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

-Pilar Farjas Abadía, directora xeral de Saúde Pública, en representación da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

-Joaquín Mariño Cadarso, director xeral de Formación Pesqueira e Investigación, en representación da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

-Mª José Cimadevila Cea, directora xeral de Relacións Laborais, en representación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

-Mª Teresa Rey Barreiro-Meira, directora xeral de Familia, en representación da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

-Juan J. Casares Long, director xeral do Centro de Información e Investigación Tecnolóxica, en representación da Consellería de Medio Ambiente.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 1998.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude

2407